** Un can de por medio: ¿Quen ten razón?
Hai xa un tempo que non recollía nada nesta sección. Hoxe non vai ser a vosa opinión sobre un artigo alleo (jeje, librádevos de Inma Sust), senón sobre un pequeno problema que lles trae de cabeza a un amigo e unha amiga. Son mozos e prantéxanse dentro dun tempo o feito de vivir xuntos. Pero onte dialogaban sobre unha cousa na que teñen posturas encontradas. Imos ó meollo:
O meu amigo ten un can pequeno desde hai dous anos e medio. Viven con el no seu piso. Encántalle o seu can e para el é algo moi especial. Tanto que o deixa durmir con el na habitación. As veces incluso na mesma cama.
A miña amiga, a súa moza, aínda que lle gustan os cans, non lle encanta o feito de ter un can vivindo nun piso. Ela criouse no rural e teñen cans pero durmen fóra da casa, nunha caseta.
Pois me parece que se ve adivina o conflicto........Ve-lo Artigo Completo
ACTUALIZACIÓN 10-01-07: Os meus amigos xa non se falan. Como siga a cousa así, van romper pronto. Por favor, seguide comentando. Vale repetir ás veces que faga falta con tal de axudalos a reflexionar
El dille que se o quere a el ten que consentir que o can durma na mesma habitación que el e que ela cando vivan xuntos, porque o can é moi especial para el. Iso si, durmiría na súa propia cama, aídna que ubicada no dormitorio de matrimonio -ou sexa con eles dous-. Dille que se o quere que lle ten que consentir iso.
A miña amiga dille que non, que nada diso. Como moito está disposta a ceder e ter un can no piso, aínda que non lle agrade a situación. Iso si, de dormir na habitación de matrimonio nada de nada e que el tamén ten que ceder un pouco, que ela xa cede consentindo ter un can na casa.
El dille que se o quere a el tamén ten que querer ó can. Que van no mesmo lote e que o can é moi especial para el. Que xa leva durmindo con el desde moito antes de que coñecera a ela. Engade que, senón, el durmirá co can e ela soa. ¿? (escoitar para crer).
Pola súa parte, ela dille que el o que lle está facendo é unha chantaxe e que está adoptando unha actitude moi egoísta e caprichosa, e que non quere chegar a un acordo. Que ela xa cede deixando que haxa un can no piso, pero que el, nembargantes, non cede nin un ápice nese tema.
Bueno, a conversación xira en torno a todo isto. Non vola conto, porque me levantou dor de cabexa so escoitalos discutir sobre o tema. Para axudalos gustaríame que lle deramos entre todos, o noso punto de vista sobre a situación. ¿Quen ten máis razón dos dous? ¿Que fariades se vos fósedes un dos dous?
Artigo de: Julio
A Lareira Máxica



