** Un blog moi literario + unha letra moi pegadiza

Din que o home é un animal de costumes. Pois si,estou convencido de que é asi. E entre as miñas rutinas diarias está de visitar Rabudo, o blog de Nacho Mirás (na foto da dereita), xornalista de La Voz de Galicia recentemente galardoado nos PREMIOS GALICIA DE COMUNICACIÓN.
Nacho ten un blog deses que se o visitas un día, non che quedan gañas de deixar de darlle os bos días, as boas tardes ou as boas noites ó día seguinte. As historias que conta, e, sobre todo, como as conta, son xeniais. Sabe darlle literatura a unha simple anécdota da vida diaria. E ás veces, as historias -ou máis ben os protagonistas destas historias- traspasan a barreira da lóxica e danse cita co surrealismos máis humorístico que ningúen puido imaxinar. Como a vida mesma. Ás veces a lóxica tolea e colúmpiase do pé das persoas esbozando un breve sorriso intenso.
Lémbrovos que é un dos tres blogs que recomendo visitar nos enlaces a blogs que tedes na parte final de A Lareira Máxica. Co tempo irei pondo algún máis que adoito ler.
Pois ben, onte visitando o blog de Rabudo atópome cunha canción dun tal Edilberto colgada alí e que lla adica a Penélope Cruz e Pedro Almodóvar. É algo bastante friki pero é tan pegadiza que non a dou quitado da cabeza. Así que aquí póñovola para que a escoitedes.
¿Que vos pareceu? Agardo respostas. Probade a escoitala un par de veces. Non me digades que non é pegadiza...
Artigo de: JULIO A Lareira Máxica




