venres, 2 de marzo de 2007

** Unha raíña destronada no campo da beleza

Disque a Jolie é a muller máis sexi do mundo!!!! Que digo a muller, a persoa máis sexi de tódolos tempos. Por diante incluso de Elvis Presley e Marilin Monroe, que quedaron en segundo e terceiro lugar respetivamente. Alá se nos foi un mito, porque non é que a min o Presley me poña moito, pero a Monroe era ata ahora, e indiscutiblemente, o inoco do erotismo. Pois o dito: adeus Marilin querida, benvida Angelina.

Non sei quenes serán os responsables de dita elección, e xa sei tamén que a Angelina é un símbolo erótico e sexual para moitos, pero que queredes que vos diga, será envidia, serán ciumes, será que non entendo de mulleres, será o que sexa pero a min eses morros non me parecen nada sensuais. Paréceme que hai mulleres moito máis guapas, máis exuberantes e que transmiten moito máis que a señora esposa de Brad Pitt. Pero como para gustos, colores............

Vós que pensades? Parécevos que a elección é adecuada ou esa nova "medalla" debería estar colgada no pescozo de outra/o?




ARTIGO DE: María
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

xoves, 1 de marzo de 2007

** Lembrando a música dos anos 80

Inauguramos o mes de marzo en A Lareira Máxica cun pedazo de canción dos anos 80. É do grupo TEXAS e trala estupenda música agóchase unha letra esclarecedora no tema do amor....¿Vos que opinades do que di a letra? ¿Leva razón? ¿Ou quizás non?

mércores, 28 de febreiro de 2007

** Un neno DE MOITO PESO....

¿A onde imos chegar a este paso? A noticia foi hoxe a comidilla de tódolos medios de comunicación: un neno de 8 anos de idade inglés que pesa 89 kilos, nada máis e nada menos. No seu país prantexouse incluso retirarlle a custodia á nai do menor porque o neno non coida a súa alimentación. Cada día a comida basura gaña terreo en detrimento da alimentación sana.... ¿Que será do neno dentro de 20 anos? ¿A onde imos chegar a este paso?¿Que opinades? ¿De que é a culpa? ¿Que se debería facer neste caso concreto?

** Apocalypto: Unha peli de obrigada visión

O meu reencontro co cine foi hai cousa dun mes, aproximdamente, vendo esta peli. Lera as críticas que dela se facían. Moi boas. Asustábame o feito de que nela tivesen lugar sacrificios humanos....E hainos. Abofé que sí. Non sei por onde empezar. Tentarei ser breve e sintético, porque poderia falar bastante.

A película está dirixida por Mel Gibson. Dura case dúas horas e cuarto, aínda que nos folletos e xornais diga 139 minutos, apenas chega os 130. Os seus protagonista son Rudy Youngblood, Dalia Hernández -moi guapa- e Jonathan Brewer.

Rodada en varios lugares de México, sitúase temporalmente na civilización maya, antes da chegada dos primeiros colonizadores. Relata o drama dun pobo asoballado por outro que practica os sacrificios humanos en ofrenda ós deuses (os "mayas"). Está repleta de sentimentos, moito drama (cun oco para o humor) e acción moita acción. Ata o final un non debe despistarse o máis mínimo. E as veces o aparente non o é tanto...Ve-lo Artigo completo....


Moitos dos actores son indíxenas de verdade, e música e os movementos raudos e veloces da cámara sabe cautivar e manter a emoción e a tensión do espectador que asiste atónito a unha persecución infernal e interminable.

A morte crúzase de forma voraz e inxusta no transcurso da película, que alcance o seu punto máis cruel nos sacrificios e decapitacións. Escenas que poñen a pel de galiña. Tanto que parece tan real como a vida mesma.

O que poidera parecer un problema: os diálogos son todos en maya yucateco, non o son ya que se pode seguir moi ben a traducción deste mediante subtítulos. É tan fácil mergurllarse no argumento que non te chegas a dar conta que empregan unha lingua primitiva e que non están falando en ningún idioma actual.

Por último, destacar a fermosura das cataratas que aparecen ó longo da trama e que a peli tamén colleitou críticas por parte de certos colectivos que non está dacordo cómo se tratou o seu contido.

Conclúo: Moi boa película de Mel Gibson, que suscitara tanta polémica xa con "La Pasión de Cristo". Vale a pena vela, e pesar da atrocidade dos sacrificios humanos (sempre se pode desviar a vista nese intre). Moi recomendada.Desas que crean aficción pola gran pantalla.





OPINIÓN CINEMATOGRÁFICA feita por: Julio