luns, 26 de febreiro de 2007

** O Recuncho Literario.........(Nova sección)

Quixera agradecer a Mariam a proposta que me fixo dunha nova sección para este blog. Trátase dun espacio onde teñan cabida textos literarios da nosa literatura galega. Paréceme unha excepcional idea. Evidentemente so se publicarán pequenos fragmentos, coma o de hoxe. A idea é que sexan de escritores ou escritoras consagrad@s, xa que para os de "a pé" xa hai a posiblidade de enviar relatos curtos, como xa se ven facendo neste blog.

Aproveito para dicirvos que en A Lareira Máxica (A.L.M.) admito que tamén me enviades calquera artigo que, sen ser voso, vos guste. Iso si, se non é voso, tédesme que dicir de quen é ou onde o vístedes publicado. Ante todo ética. Non se pode apropiar un dun texto alleo e facelo pasar como seu. Iso si que non sería nada xusto.

E para inagurar esta nova sección que din en chamar: O Recuncho Literario, vou publicar un texto que nos enviou Mariam. É do tristemente desaparecido escritor galego Carlos Casares (aínda lembro aqueles pequenos artigos de opinión das cousas cotiáns que publicaba en certo xornal galego). Sen máis déixovos co relato.
...Ve-lo Artigo Completo



A rapaza do circo

El coñeceuna de casualidade. Unha tarde, a eso das seis, estaba sentado nun banco do xardín e advertiu que se lle achegaba unha rapaciña loura, de melenas longas, vestida cun pantalón short. Con acento francés preguntoulle ónde podería atopar un médico. Acompañouna. Polo camiño ela díxolle que era trapecista do circo e que seu pai -un antigo xendarme-, atopábase malo (pouca cousa: talvez unha mala dixestión), e que pedira que lle levaran un médico. El a penas falou. Ó chegar á clínica indicoulle: «Aquí». Ela deulle as gracias e invitouno a pasar pola taquilla, onde lle facilitaría un par de entradas prá función das oito.


Foi. Antes de subir ó trapecio, a rapaza, vestida de pescadora, cantou. Na metade da canción dirixiuse cara á butaca que ocupaba el e botoulle o sedal da cana, mentres lle dicía entre as risas de todos: «Pica, pica, pececito».

Volvéronse atopar ó día seguinte.Despois víronse tódolos días. Pasaban as tardes no río. Deitábanse na area. Enterrábanse. Nadaban. Ela faláballe de Marsella, da súa infancia. El pechaba os ollos e imaxinaba aquela rúa fronte ó porto, os barcos que Anne despedía cun pano branco dende a bufarda, a tía Françoise, Jules...

¿Como sería aquel Jules que lle dera o primeiro bico no portal?
-Era louro, coma min. E moi pencoso.
-¿Lémbraste del?
El tiña un sombreiro de palla sobre dos ollos pra tornar o sol. Volveulle preguntar:
-¿Lémbraste del?
Sentiu os labios dela que se po usaban nos seus. Foi coma un trallazo. Unha ledicia branca nacíalle dentro do corazón.
Despois bicáronse. Bicáronse moitas veces. E ela apoiou a súa cabeza no peito del.
Pronto correu a noticia de que se vían no río. Na casa rifáronlle. «¡O que me faltaba -dixera seu pai- un fillo titiriteiro».
Pero seguíanse vendo ás escondidas.
Hoxe os compañeiros de quinto desafiárono.
-A que non es home de subila pra aquí...
Non o dubidou. Asomouse á ventá e chamouna:
-¡Anne...!

Subiu. Recibiuna no hall e metéronse no laboratorio. Pecharon a porta por dentro e taponaron o buraco da pechadura cun cacho de papel. Os de quinto armaban barullo fóra. El ensinoulle as bolboretas, as pedras, os lagartos e as cobras metidos en formo!... Pediulle un alfinete e picouse nun dedo. Amosoulle o sangue a través do microscopio.

-¿Sabes unha cousa? -dixo da.
-¿Que?
-Que nos imos mañá.

Colleuná pola cintura e bicouna.E naquel intre chegou o director.
Cando saia será xa de noite e terase que ir prá casa sen vela, sen lle explicar, sen lle dicir o que ocorreu. E despois de cear dirá: «Quero ir ó circo». E o seu pai responderá: «Non». Entón irase á cama. E pensará: «Os vellos non saben». E os vellos (non tan vellos), na súa habitación nin sequera se lembrarán del e da francesiña Anne. E el ha tardar en durmir, pero durmirá. ¿Durmirá?.

Mañá ó se erguer, sentirase triste. Máis triste que ninguén. ¿E que será de Anne? Non a volverá ver. ¿Nunca máis? Nunca. Ergueuse moi cedo. Marchou correndo ó campo da feira. No sitio do circo só quedaba un redondel.

----------------------------------------------------------------



Fragmento estraído da obra Vento ferido
Do escritor Carlos Casares
(Sirva como unha homenaxe)



Foi remitido por: Mariam
Gran Colaboradora de A Lareira Máxica

** PARA LEMBRAR.......Videoteca deportiva

Hai partidos de fútbol que vale a pena lembralos unha e outra vez, porque foron deses que fan aficción. E mais cando un equipo que vai gañando 0-3, remata perdendo por 5-4. E prestade atención a nomes ilustres: Ronaldo, Pantic, Stoichkov, Luis Enrique, Pizzi, Kiko..... Aí é nada.
Sinto que sexa un partido do meu equipo, O F.C. Barcelona contra un equipo que me cae moi ben, aínda que ultimamente nos teñan tomada a medida e de que xeito. Falo do "pupas" do fútbol español: O Atlético de Madrid. Dese equipo que ten os aficcionados máis sufridos do mundo. Chapeau para a súa aficción. Porque as cousas como son. A súa aficción merece un 10. E chegou a estar no inferno da segunda división hai so uns aniños.
Aproveito para enviar un saúdo a varios amig@s que son do Atlético de Madrid.

domingo, 25 de febreiro de 2007

** Un vídeo montaxe sobre a vida mesma


Vidas cruzadas
Subido a este blog desde diariodeperiodismo




O vídeo é un traballo elaborado en Valladolid en decembro de 2006. Foi feito polos estudiantes de xornalismo: Marta Salinas, Miguel Rodriguez, Tamara Rivas, Teresa Sánchez.

Non teño o gusto de coñecelos, pero está moi ben feito rapaces. Agardo que non haxa competitividade entre vós, algo moi de moda nesas facultades, por desgracia.

O vídeo é unha homenaxe ós traballadores en xeral que se teñen que levantar tan cedo para conseguir chegar a final de mes, xusto o que a outros privilexiados non lles fai fala porque teñen cartos a esgalla (que lles sobra vamos). Cousas da vida. Tamén vai adicado ós xornalistas que cobran pouco pouco, saben a que hora entre no traballo e moi poucas veces a cal saen (entre eles teño a honra de ter algúns amigos moi bos, deses que o son para sempre). Cousas da vida ou da explotación laboral no século XXI. Unha auténtica vergoña...

Se alguén quere deixar un comentario, éste é o momento.....

** QUE NON NOS TOMEN O PELO!!!!!!!!!!!!


ESTA MENSAXE TEN QUE CIRCULAR E CHEGAR A TODA ESPAÑA ANTES DO DÍA 28 DE FEBREIRO ASÍ QUE REENVIÁDEO A TODOS OS VOSOS CONTACTOS

Como ben sabedes TODAS as compañías telefónicas van subir as súas tarifas e o establecemento de chamada e a coste de chamada por minuto, co obxecto de contrarrestar a obrigatoriedade que se lles impuxo por Ley de tarificar por segundos, algo que era de sentido común e moi necesario. O feito de subir o establecemento de chamada de 12 a 15 céntimos fales -incluso falando un segundo- e o de subir as tarifas supón un fraude cara ós seus usuarios de móviles, xa que é un clara burla a obrigación de facturar por segundos...
En internet está circulando unha convocatoria-protesta: Trátase de que todos nos
unamos e para o 28 de FEBREIRO (día en que empezan esta estafa): DESDE AS 19:00 horas ATA AS 20:00 horas apaguemos todos os móviles ou a maioría deles, xa que esa é unha das horas de máis 'tráfico telefónico'. Cálculase, ademais, que en España hai uns 30 millones de terminais de móviles.
Se, por un casual, conseguimos apagar a metade dos móviles, calculando que o establecemento de llamada vai pasar a custar 15 centimos, máis outros 10 céntimos que de media ten unha chamda dun minuto, podemos ocasionarlles as compañías unhas perdidas de 3 millones 750000 euros, pouca cosa para eles, pero un récord para nós.
Non o olvidedes, DÍA 28 DE FEBREIRO DESDE AS 19:00 horas ÁS 20:00 horas. Se os franceses poideron desconectar 5 minutos as luces, vamos a ser nós menos?????
P.D. Se tedes buzón de voz ou contestador, desconectádeo para ese día
P.D.2 Se tedes móvil de empresa desconectádeo tamén (a pérdida será
aínda maior para as compañías), a excusa para o xefe --->'acabóuseme a batería'
P.D.3 Para que non se vos olvide, apuntádeo na axenda do móvil. É moi simple.

COPIADE O TEXTO E PEGÁDEO, É MELLOR PARA TODOS!!!!
PERO NON SEXAS MERLUZO E CONVOQUES Á GENTE MEDIANTE sms



¿E ti que pensas de que as compañias de teléfono que hai en España (Vodafone, Movistar e Amena) vaian a subir o establecemento das chamadas de 12 a 15 céntimos (de 20 a 25 das antigas pesetas) e o custe das chamadas por minuto, a costa do consumidor, para contrarrestar a obrigación de facturar por segundos (algo que debían ter feito desde sempre e non ter que esperar a unha lei que as obrigase a facelo así)?. ¿Por que en España se cobra non so a duración da chamada, senón tamén o feito de establecer a chamada? ¿E xusto que por unha chamda dun segundo se nos cobren 25 pesetas polo feito de establecer a chamada, á marxe do que custa a chamada facturada por segundos?

POR FAVOR, NON ME DIGADES QUE NON TEDES OPINIÓN NESTE TEMA QUE A TODOS OS QUE TEMOS OU USAMOS MÓVILES NOS PERXUDICA ( A MENOS QUE SEXA UN DIRECTIVO DUNHA COMPAÑÍA DE MÓVILES......)