mércores, 21 de febreiro de 2007

** A Frase Máxica ...reflexión sobre a vida mesma

" O ser humano necesita, por natureza, o contacto físico para saberse querido e, no caso dunha relación a distancia, isto faise especialmente duro "(Carmen Recio)

:::::: EN ESPAÑOL...
" El ser humano necesita, por naturaleza, el contacto físico para saberse querido y, en el caso de una relación a distancia, esto se hace especialmente duro "(Carmen Recio)

sábado, 17 de febreiro de 2007

**¿Quen quere rirse? ¿Quen lle deu sentido?


Como o humor é moi importante "nesta, a nosa vida" algo así como diría Juan Cuesta o de "Aquí no hay quien viva", pois ahí vai unha dose da man dos "Cruz y Raya" en forma de videoclip. Nel imitan a Carlos Sobera no programa "¿Quién quiere ser millonario?" (antes chamado 50 por 15)


E o seguinte e unha parodia musical da sintonía de hai algúns anos da Volta Ciclista a España. Non é tan boa, pero tamén é simpática.

venres, 16 de febreiro de 2007

** Para que logo digan que so son burros.....

Hai noticias que sorprenden. Si. Sorprende polo anecdóticas e curiosas que resultan. Non é a primeira vez que se dan noticias como a que pasarei a reproducir a continuación e que unha excelente colaboradora deste blog me enviou. Vai sobre un burro. Se queredes pasar uns minutos inbuidos dun profundo sabor palpitante de risoterapia recoméndovos que presionedes sobre --->...--->Ve-lo Artigo completo....

NOTA: Unha vez lle teñades dado a ese botón, e para para ver mellor a imaxe, facede dobre click sobre el e agrandarase algo máis (o suficiente para lelo).
Agardo os vosos comentarios. Desde aquel relato do empacho e a sulfatadora, publicado en A Lareira Máxica por Rosa García, non voltara a ler ou escoitar outra cousa igual. ¿Que vos parece? ¿Cal noticia curiosa lembrades con maior gracia? (vale calquera temática)

[ACTUALIZACIÓN: Corrixido o problema que impedía ver o artigo completo]

** A Frase Máxica de ..........García Márquez

** " A vida non é senón unha continua sucesión de oportunidades para sobrevivir"
(Gabriel García Márquez)