luns, 12 de febreiro de 2007

** Imos dar que falar......

A Lareira Máxica vai dar que falar a partir do 15 de febreiro.....Permanecede atent@s...

** QUE RABIA DA CANDO......!!

--> ...Cando fala a xente dos dereitos que teñen nos seus postos de traballo. E eu teño que morder a lingua por que eu levo trballando catro anos traballando nas misma empresa e podese decir q casi nin podemos falar. Parece que estamos no tempo dos esclavos.
Que rabia remitido por: Ana
Debutante en A Lareira Máxica

--> ...Cando vou a comprar uns zapatos e todos me quedan grandes.Que pasa,que as que temos pes pequenos non usamos zapatos. A ver si se deciden a facer tallas mais pequenas pa non ter que poñer zapatos infantiles.
Que rabia remitido por: Pati
Debutante
en A Lareira Máxica

--> Hola! Acabo de descubrir a páxina e é fantástica. Vou aproveitar pa queixarme neste apartado.Dáme moita rabia os centros comerciais.¿Quen non se desesperou algunha vez nunha cola do provador ou da caixa? Deberían solucionar o problema poñendo máis persoal. Así baixarían as listas do paro e al colas.
Que rabia remitido por: Sandra.Coruña
Debutante en A Lareira Máxica

** As promesas están para cumprilas...¡Voltamos!

Hola de novo a todos e todas. Como vedes, as promesas están para ser cumpridas -tomen nota os políticos-. E A Lareira Máxica está de novo convosco e volta a actualizarse, logo de case unha semana paradas por cuestións relacionadas coa informática. Voltamos coas alforxas cheas e algún proxecto novo, pero tempo ó tempo....

Quixera agradecervos a paciencia que tivéstedes estes días de ausencia. Gracias pola fidelidade. Cónstame que tiven visitas vosas, aínda a pesares de non actualizar a páxina. E cónstame que hai novos adictos á este blog. Gracias a tod@s!!!!

Como vedes, mudou un pouco a disposicións dos elementos da páxina. Os traductores xuntos na marxe esquerda, o logo e o icono da A Lareira Máxica únese na cabeceira, onde pasan os contadores de visitas totales e online (agás un por razóns de espacio e aproveitamente do espacio). Ademais xa hai 112 enlaces ou links na sidebar ou columna lateral.

O primeiro artigo vai ser o "QUE RABIA DA CANDO....!!!" que, excepcionalmente e tendo en conta o parón, recollerá hoxe tres. Proceden de A Coruña (ou de La Coruña -non se me enfade nadie eh!!). En total enviáronme 5, pero dous publiqueinos en forma de comentarios (os dous últimos, por certo, obra de Mª José e Bego) xa que eran algo máis curtos. Os outros tres ven a luz hoxe. Agardo que haxa algún que outro comentario. Pero vós mesm@s.

Un saúdo para estas coruñesas!!!!!!

** A Frase Máxica de.........Roger Martin du Gard

“A vida sería imposible se todo se lembrase. O secreto está en saber elexir o que debe olvidarse” (Roger Martin du Gard; novelista francés)