luns, 12 de febreiro de 2007

** As promesas están para cumprilas...¡Voltamos!

Hola de novo a todos e todas. Como vedes, as promesas están para ser cumpridas -tomen nota os políticos-. E A Lareira Máxica está de novo convosco e volta a actualizarse, logo de case unha semana paradas por cuestións relacionadas coa informática. Voltamos coas alforxas cheas e algún proxecto novo, pero tempo ó tempo....

Quixera agradecervos a paciencia que tivéstedes estes días de ausencia. Gracias pola fidelidade. Cónstame que tiven visitas vosas, aínda a pesares de non actualizar a páxina. E cónstame que hai novos adictos á este blog. Gracias a tod@s!!!!

Como vedes, mudou un pouco a disposicións dos elementos da páxina. Os traductores xuntos na marxe esquerda, o logo e o icono da A Lareira Máxica únese na cabeceira, onde pasan os contadores de visitas totales e online (agás un por razóns de espacio e aproveitamente do espacio). Ademais xa hai 112 enlaces ou links na sidebar ou columna lateral.

O primeiro artigo vai ser o "QUE RABIA DA CANDO....!!!" que, excepcionalmente e tendo en conta o parón, recollerá hoxe tres. Proceden de A Coruña (ou de La Coruña -non se me enfade nadie eh!!). En total enviáronme 5, pero dous publiqueinos en forma de comentarios (os dous últimos, por certo, obra de Mª José e Bego) xa que eran algo máis curtos. Os outros tres ven a luz hoxe. Agardo que haxa algún que outro comentario. Pero vós mesm@s.

Un saúdo para estas coruñesas!!!!!!

** A Frase Máxica de.........Roger Martin du Gard

“A vida sería imposible se todo se lembrase. O secreto está en saber elexir o que debe olvidarse” (Roger Martin du Gard; novelista francés)

domingo, 11 de febreiro de 2007

** Xa estamos de regreso......e vamos dar que falar

....A partir de mañán A Lareira Máxica voltará con vós, tal e como vos adiantara. Asemade, haberá algunha novidade...
E a partir do día 15 de febreiro.....A Lareira Máxica vai dar que falar......

luns, 5 de febreiro de 2007

** Descanso forzado de A Lareira Máxica

CUESTIONS RELACIONADAS COA INFORMATICA IMPEDIRANME ACTUALIZAR O BLOG ESTA SEMANA, polo que a páxina terá que tomar un descanso forzado. O luns 12/02/07 A Lareira Máxica voltará de novo, con tódolos seus contidos habituais. Namentres, podedes seguir facendo comentarios ou enviando artigos para publicar (ó mail de alareiramaxica@gmail.com).
Teño pendientes de publicar artigos sobre a peli "Apocalipto", teatro, etc. Artigos vosos non teño ningún a día de hoxe (incluidos "Que rabia da cando..." ou "Que contento estou cando....!!"). Así que agardo a vosa colaboración.
Paciencia, a tod@s. Gracias.

---> Para facer a espera algo máis levadeira déixovos un par de vídeos musicais que me encantan e nos que a combinación letra + música son, baixo o meu punto de vista, moi bos e cheos de sentimentos.