** Unha moi triste sintonía de despedida....
Tiña pensado adicar o artigo lembranza desta semana cun fondo alegre, pero a actualidade manda. Hoxe, navegando por Internet e facendo a miña visita diaria polos enlaces que teño no blog, entre eles o do espléndido blog de Nacho Mirás --> Rabudo ou noutros moitos medios, entre eles éste, fanse eco da triste e luctuosa noticia da morte de Karel Svoboda. Dito así seguro que non vos soa. Pero si que vos soará unha das súas composicións musicais: a sintonía da serie de debuxos animados "La abeja Maya", ó parecer por un suicidios. Terrible noticia. Se clickades nos anteriores enlaces poderedes ter máis información so suceso.
Polo que a min respecta, e a modo de lembranza que mellor que a sintonía da serie coa cal a maioría de nós disfrutamos de pequenos (ainda que foi reposta con varias veces con posterioridade) e que hoxendía incluso se pode comparar en calquera centro comercial toda empaquetada e na que estánn tódolos capítulos.... Ésas si eran debuxos animados didácticos e non como outros de hoxendía......Porque a palabra "pasado" non necesariamente leva aparellada o significado de caduco, desfasado, ou calquera outra cononotación negativa...



