martes, 30 de xaneiro de 2007

** O regreso de Lobatón...sen caperucita vermella

Cando falamos da moda sóese dicir que "todo volta". E é certo: os pantalóns de campana dos anos 70 é so un dos moitos exemplos. Tamén se soe dicir que "o pasado sempre volta" ou que "na televisión está todo inventado". E vai ser certo, porque últimamente estanse rescatando formatos míticos das 625 líneas: O "Vip Noche" voltou da man de Carolina Ferre baixo o novo título de "Tres en Raya"; "Sorpresa, Sorpresa" co mesmo nome, na mesma canle, con igual nome e coa mesma presentadora (a vida parece que fixese un descanso, tomase folgos e voltase de novo a andar case no mesmo punto onde o deixara a penúltima vez); ou "¿Quién Sabe Dónde?" aquel mítico programa de TVE emitido nos 90 -que cobrou moita fama a raíz do triple e triste asasinato das nenas de Alcáser-, e que fora presentado polo non menos mítico Paco Lobatón (do que tantos chistes se fixeran e que eran do estilo..."¿A onde vas Caperucita? //Quen sabe ande Lobatón...".

...Ve-lo Artigo completo...

Pois ben, hoxe Antena 3 televisión rescatou do baúl das lembranzas e dos olvidos un formato xa explotado, pero que lle ven dar a razon ós que din que nesta vida todo volta e na televisión xa está todo inventado e o pasado semmpre volta.

Unha salvedade: desta vez Paco Lobatón vai ser o director, namentres que o presentador será Alber Castillón e o nome do programa é "Los más buscados". Pódese observar que non se comeron a cabeza para buscarlle un novo título ó fillo virtual de "¿Quién sabe dónde?". Máis elocuente non pode ser.

Chegados a estas alturas debo confesar que tiña pensado publicar un artigo no apartado de lembranzas de "¿Que foi de.....Paco Lobatón?", pero agora xa non merece a pena porque Caperucita deixou que o Lobo continúase o seu camiño....A duración deste non se sabe canto será....Din que segundas partes nunca foron boas....Quen sabe. Se nos 90 triunfou un reality tan real como a vida mesma (ata me atrevo a dicir que foi pioneiro na televisión en España sen necesidade de encerrar a uns aspirantes a famosetes nunha casa ou levalos a unha illa deserta na que eles mesmos se aturaran) agora, embuidos e metidos de cheo na guerra total das audiencias na que todo vale, ó mellor incluso volta a arrasar. Particularmente, augúrolle pouco futuro ó programa, que ademis loitará no prime time pero das mañáns, non da noite.

Din que desta vez quérese buscar a xente "prófuga" ou perseguida pola Lei. Non sei. Paréceme rizar ó rizo. Dáme que lle vai pasar o mesmo que o regreso de hai un par de anos do "Un, Dos, Tres.... versión a Leer esta vez". Emmpezou moi ben, pero foise diluíndo como o zucre....Tempo ó tempo.

Do que si me aledo e do regreso, aínda que como director, dun bo xornalista, como creo que é Paco Lobatón, que, para quen non o saiba, chegou a ser o presentador da segunda edición do Telediario de TVE a finais dos 80.

Benvido, Paco. Pero iso si, coidado co Lobo e con caperucita que non se sabe "ande andarán".....

-------------------------------------------------------------------------
E vós, ¿qué opinades de todo o que acabo de dicir?

** A Frase Máxica de...El Gran Wyoming (29-01-07)


"Escoitaron vostedes as noticias, agora contarémoslles á verdade"



("El Gran Wyoming" ó inicio do programa "El Intermedio", logo do Informativo de La Sexta)

luns, 29 de xaneiro de 2007

** A Lareira Máxica -- Sección Deportiva: Fútbol


Rematou unha nova fin de semana deportiva. Na 1ª división de fútbol os marcadores foron:
- At. Madrid 1- R. Santander 1
- Villarreal 1- Real Madrid 0
- R. Sociedad 0- Ath. Bilbao 2
- Zaragoza 1- Deportivo 1
- Gimnastic 4- Espanyol 0
- Getafe 2- Osasuna 0
- Mallorca 2- Recreativo 1
- Levante 2- Sevilla 4
- Barcelona 3- Celta 1
- Betis 2- Valencia 1

Resaltar a victoria do F.C. Barcelona sobre o Celta de Vigo por 3 a 1 (victoria agridóce para un que é azulgrana pero tamén celtista), unha nova derrota do R.Madrid esta vez anta o Villarreal e a sorpresiva victoria do colista Gimanastic de Tarragona sobre o Español. Namentres, o Deportivo de A Coruña empatou na súa saída a Zaragoza.

A clasificación segue encabezada polo Barça que suma 42 puntos, seguido do Sevilla (41), R. Madrid (38), Valencia (36), Atl.Madrid (36) e Zaragoza (32). As prazas de descenso ocúpanas: Levante (19 puntos), R.Sociedade (13) e Nástic de Tarragona (12).
O Deportivo vai de 14(23 puntos) e o Celta de 17 (21 puntos), ambos moi preto das prazas de descenso...Esperemos que ambos remonten posicións na táboa clasificatoria.

Doutra parte, aproveito para informarvos de que a páxina web de El País ofrece desde esta fin de semana os vídeos dos encontros de cada xornada.

** A Frase Máxica de......B.Franklin ¿Será certa?

“Invertir en coñecementos produce sempre os mellores intereses”
(Benjamín Franklin)