luns, 22 de xaneiro de 2007

** Cando cantar é facer poesía con letra é música

Hai cancións que son, sinxelamente, unha poesía cantada e que detrás dunha espléndida música coexiste unha letra aínda moito mellor. ¿Por qué? Porque está chea de moitos sentimentos. Xa ten uns 7 ou 8 anos pero por ela non pasa o tempo. E estando escoitando este tema musical hoxe decateirme que fala do mes de xaneiro. E como en xaneiro estamos pois non se diga máis. Ademais, sempre serve para lembrar eses momentos especiais vividos....




¿E vos non tedes cancións que vos encantan pola música e pola letra? Animádevos a comentar as vosas. Se non queredes pór o voso nome por vergoña, pode cando menos un seudónimo inventado.....

** A Frase Máxica de........Juan Luis Vives

Sé lento en adquirir amistades pero sé constante en retelas unha vez admitidas
(Juan Luis Vives)

** ¿Tedes problemas para visualizar ALM?

Gustariame que TODOS os que acostumades a ler A Lareira Máxica (ALM) me digades se tedes ou non tedes problemas para visualizar os artigo completos, ben premendo "Ve-lo artigo completo" ou premendo sobre o título do artigo, e se tedes outro tipo de problemas. Pode ser que ás veces, non vos deixe facer comentarios, pero iso son problemas momentáneos do servidor de Blogger. A min mesmo me pasa cando fago comentarios noutros blogs.

Por favor, teñades ou non este tipo de incidencias, envíademe un mail á alareiramaxica@gmail.com É moi importante, por favor!!!

Aproveito para recordarvos que ALM está diseñada para verse con Internet Explorer 7 e cunha resolución de pantalla de 1280 por 1024.

domingo, 21 de xaneiro de 2007

** Resultados da enquisa da última semana


Desde o domingo pasado e ata onte en ALM (A Lareira Máxica) fixemos unha pregunta coa cal inauguramos a nova sección das enquisas para votar. Nest primeira queriamos saber "¿Cal é actualmente a túa principal inquedanza?" e as posibles respostas eran 6. Houbo un total de 43 fotos que se repartiron do seguinte xeito:
:: Ter un traballo estable ---> 13 votos (30.2% do total)
:: Mercar un piso ou vivenda propia ---> 18 votos (41,9% do total)
:: Chegar a fin dos mes cos cartos que gaño ---> 9 votos (20.9% do total)
:: Atopar a media miña media laranza ---> 1 votos (2.3% do total)
:: Ter fillos ---> 0 votos (0% do total)
:: Outros ---> 2 votos (4.7% do total)

A breve análise que se deprende destes datos é que -->Ve-lo Artigo completo...
hai unha grande preocupación pola índole económica. Incluso é superior a da vivenda que a do traballo estable, se ben a da busca do traballo estable (hai moito traballo temporal ou sen estabilidade suficiente) e a de chegar a fin de mes cos cartos que gaño (traballo mal remunerado incluso sendo estable), supera a da vivenda. Isto en parte pode deberse a que as repostas sobre o traballo eran duas e a da vivenda so unha.

Isto denota a gran preocupación que existe hoxendía por acceder a unha primeira vivenda, tendo en conta os altos precios ó que están. Pero se temos en conta que no traballo hai pouca estabilidade e os salarios apenas chegan ós 1000 euros, fai que todo estea relacionado. Vamos que poderiamos respostar tranquilamente máis dunha opción.

No tocante ó amor, a cousa non se prioriza tanto como o traballo, os cartos ou a vivenda. So unha peroa respostou que quería ter a súa media laranza, e ningunha afirmou que a súa prioridade fose a ter fillos. A verdade é que tendo en conta o tema traballo, pódese entender o silencio nestas respostas....

Por último, dúas persoas, responderon que a súa principal inquedanza ou preocupación eran "outras". É evidente, que neste abanico faltaban outras moitas opcións (saúde, ocio, etc.)

Por suposto, estas interpretación son moi persoais, así que me gustaría sabelas túas. ¿Cales son?.

----------------------------------------------------------------------------
P.D.: Se queredes publicar unha enquisa en A Lareira Máxica, envíadema a alareiramaxica@gmail.com, xunto cun máximo de 6 respostas.