sábado, 30 de decembro de 2006

** ¿Cómo vas celebrar a Fin de Ano?

Mañán é fin de ano. Xa sei que na imaxe pon o 2004, pero non. Vai ser o 2007. Aínda que geofísicamente non sexa a noite máis longa do ano (que coincide en xuño coa chegada do Solsticio de Verán), na práctica vaina a ser para millóns de persoas. Nesta ocación será a noite máis longa do ano por motivos obvios de celebración. E se de celebracións falamos existen moitos tipos de recibir o ano novo, o 2007. A Noite Vella de 2006, que coincidírá cos primeiros alentos do 2007, vai estar inundadada de celebracións e máis celebracións....
Case nunha única cousa coincidimos os españoles: o de cea familiar e na de tomar as 12 uvas da "sorte". Logo, superada, a hora meiga, cada un celebra o feliz nacemento de mil maneiras. Discotecas, festas particulares, na casa vendo os "cantantes" como din os maiores, ou quen sabe facendo o qué..... (...SEGUE...)
Ve-lo Artigo completo....

Do que se trata é de pasalo o mellor posible, como sempre claro, pero este día se cabe un pouco máis. A min particularmente, co paso dos anos gústame menos a "movida" de Fin de Ano. Parece que o agobiante e multitudianario ir e vir de xente de Sanxenxo se dera cita nestas celebracións, pero en toda España. Os dous últimos anos a celebración foi na intimidade cos seres queridos. Logo o día 1 de xaneiro, con menos xente (outra moita estaría aínda recuperándose....) pois parece como en setembro, cando Sanxenxo deixa de estar colonizado. Vamos, que non hai tantas colas e se pode RESPIRAR!!!!

Nas diferentes canles de televisión asistimos impertérritos a curiosas e extravagantes formas de celebrar a chegada do Ano Novo. Que se cea en carísimos restaurantes, que se alquilar unha habitación nun hotel de "6" estrelas, que si un menú de delicias "prohibitivas monetariamente",......

Outro aspecto que sempre me chamou a atención foi que a noite do 31 de decembro, e amparados pola febre consumista que inunda o Nadal, homes, pero sobre todo, mulleres, lucen flamantes traxes escollidas especialmente para esa noite, para ésa, non para outro. Algo así como escoller o traxe de noiva, pero en negro (e para outra fin radicalmente distinta. Cada día tamén hai máis homes que caen nete xogo. E para os que non queren pagar un "riñón" por estes caprichos, sempre teñen a opción de alquilar traxes ou vestidos a empresas que se adican a este negocio.

Ó que vos escribe, gústalle estrear algo, si, pero con mesura e moderación. Non se trta de tirar o mar pola auga. Non. Do que se trata e de pasalo ben, e para pasalo ben non se ten que encaprichar tanto un ou unha. Non por pagar ou gastar máis se vai pasar mellor. Da a sensación como se Noite Vella fose como un adianto do Carnaval, pero sen selo. Ou polo menos para algúns ou algunhas.....

E para remata-la noite, ou para empezar o día -según se vexa- non pode faltar un bo chocolate con churros. Iso si que me gusta e.....MOITO!!!

E vós, ¿que pensades da Noite Vella? ¿Cales son os vosos plans? ¿Cómo sería a vosa noite ideal de fin de ano? ¿Qué cousas vos gustan e cales non? ¿Qué anécdotas lembrades con especial agarimo doutros anos?........

Pasádeo ben, con sentidiño!!!! E na estrada precación. E, aínda que non resulte nada orixinal: SE BEBEDES NON CONDUZADES. Coa vida propia e alleas non se pode nin debe xogar...


Carpe Diem e Noctem

venres, 29 de decembro de 2006

**Visionar de xeito rápido os últimos comentarios

Boas novas para @ asidu@ deste blog. A partir de hoxe poderedes ver unha lista dos últimos 10 comentarios feitos (os anónimos non aparecerán, si se firman cun seudónimo. A lista destes últimos comentarios ubicareina, polo de agora, despois dos videoclips destacados e antes dos últimos artigos publicados. Agardo que vos guste. Calquera opinión, observación ou consello sobre a organización, contido ou outros aspectos de A Lareira Máxica xa sabedes que podedes enviarme un mail: alareiramaxica@hotmail.com Tamén podedes deixarme un comentario neste mesmo artigo.
Tamén introducín algunha novidade máis, pero deberédala descubrir vendo pola columna da esquerda ou "sidebar".....

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Nota: A introdución desta novidade interfire na opción de ver o nome de A Lareira Máxica en movemento da ventana ou pestaña correspondente do navegador. En lugar de verse o nome do blog, aparece en movemento o nome do artigo máis antigo que se pode ver na páxina principal de A Lareira Máxica. ¿Alguén sabe como podo solucionar esta interferencia entre os dous códigos? Preciso axuda!!! Acepto todo tipo de suxerencias ou indicacións ó respeto. De persistir tería que eliminar o dos últimos comentario....

**.....Entre inocentada e debuxo moi animado....

Efectivamente, María, o da venda de A Lareira Máxica era unha gran inocentada. Como ben dis, nin por todo o ouro do mundo a vendería....¿ou sí? Quen sabe....Pero hoxe por hoxe nin mo prantexo....Teño uns lectores ós que debo (Gracias, por facer que o lume de A Lareira Máxica siga acendido. Sen a vosa leña isto non sería possible). Ademais, gústame moito o de realizar un blog. O dito, o da venda era unha inocentada do día para facelas que era onte, 28 de Nadal, os "Santos Inocentes"

Ando probando, como sempre, cousas novas. Unha delas, paso a enseñárvola. É un invento diseñado por Wizard Animation.
A Lareira Máxica

xoves, 28 de decembro de 2006

** O relato de María. Cap.2 (Vai ben encauzado)

Estaban completamente enganchados un ó outro. Faltáballes tempo para chegaren ás súas respectivas casas, tras as súas obrigas diarias, e conectárense na busca un do outro. De onde conseguían sacar o tempo era un misterio, o único certo é que falaban tódolos días durante horas. Con él, ela aprendeu a perder. Sempre fora unha pésima xogadora e unha pior perdedora, mais perder ás damas con el era sempre un pracer. Esa foi unha máis das moitas promesas incumpridas. Non sei se nunca puideches ou simplemente nunca quixeches cumprila. Prometéralle ser o seu teacher particular algún día. Prometera aprenderlle a xogar ás damas como era debido, pero aínda hoxe segue sen saber mover ben as fichas... Ve-lo Artigo completo....

Pero aquela non fora a única cousa que aprendera del. Con el tamén aprendeu a deixarse coñecer, a deixar atrás os medos, a compartir, a sentir que formaba parte de algo. Encariñarse del fora moi doado, botalo de menos máis doado aínda.

Chegara decembro e con el o Nadal. Ela so podía pedirlle unha cousa: coñecerse por fin. Só pasaran dous meses escasos dende aquela primeira tarde, pero ela xa o tiña todo moi claro. Moito máis claro do que nunca antes tivera nada. Sen embargo el tiña outros plans. Pasaría aquelas datas coa súa familia nesa aldea afastada de todo e de todos. Ela entendeuno, ó fin e ó cabo ela non era ninguén. Nunca tivera intencións de coñecer a ninguén por aquel medio. So era un pasatempo, un entretemento, así que tampouco tiña dereito algún a pedirlle nada. Os seus sentimentos, o que ela puidera sentir, incumbíanlle so a ela. Non tiña dereito algún a pedirlle nada. Deu por sentado que aquelo sería a fin da súa bonita relación cibernética, pero unha vez máis estaba errada. O 31 de decembro, cando xa non esperaba nada, recibín a túa inesperada chamada. Estivo ben escoitar a túa voz, escoitar que me botabas de menos.
O 8 de xaneiro ela agardábao diante da pantalla, el non faltou á cita. De novo volta a empezar.


__________________________________
Relato remitido por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica