martes, 26 de decembro de 2006
domingo, 24 de decembro de 2006
** PECHADO POR NOITEBOA E NADAL
HOXE E MÁIS MAÑÁN ESTE BLOG DESCANSA. O MARTES VOLTAREMOS. DESÉXOVOS UNHA MOI FELIZ NOITEBOA E DÍA DE NADAL A TOD@S OS QUE VISITADES ESTA PÁXINA. PASÁEDO BEN, E TEDE PRECAUCIÓN COS EXCESOS.....
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica
sábado, 23 de decembro de 2006
** ¿Tocouvos a lotería?
Pasou o venres, e aínda que tocou algo a lotería en Galicia, non o fixo tanto como se esperaba, en especial en zonas como Vilgarcía de Arousa ou outras zonas afectadas polas riadas de novembro. Con todo, o sorteo deixou bastante sorte en Galicia. Algúns, como os agraciados en Combarro, Santiago de Compostela ou A Coruña, deben estar celebrándoo a estas horas.....Noraboa a toda esa xente afortunada.
Pero a lotería e a felicidade non so a dan os cartos (aínda que axudan, como se soe dicir), ohttp://alareiramaxica.blogspot.com/2006/12/tocouvos-lotera.html feito de ter saúde ou o de ter traballo ou amor e ser querid@ (...) Ve-lo Artigo completo....
é algo que se debe apreciar. E moito. As cousas pequenas da vida deben redimensionarse e outorgarlles ó xusto valor, que é superior ó que comunmente se lle concede.
No link das loterías podedes acceder ó resultado do Sorteo de Nadal celebrado onte en Madrid. Ó mellor aínda vos pode tocar algo na pedrea.....E sorte, porque a min sempre me tocan os números próximos na lista da pedrea, pero non os que deberían tocar....
Remato co dito popular aquel que di: "Afortunado no xogo,desgracido no amor"....... Quen sabe se onte tocou outro tipo de lotería.....
Posted by Julio Torres 2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , opinión
venres, 22 de decembro de 2006
** "O relato de María" (Promete)
Os que me coñecen, Julio entre eles, saben que cando non consigo quedar durmida, o que acontece con moita máis frecuencia do que me gustaría, e non sexades mal pensados, non sempre é a miña amiga a conciencia a que non me deixa durmir, gústame adicar esas horas “mortas” a escribir. E que a min a inspiración visítame de noite, que lle vou facer!!!
Pois ben, nun deses momentos de vixilia comecei a escribir algo, polo de agora non sei se acabará converténdose nun relato, nunha longa historia ou se simplemente se quedará nun primeiro capítulo inacabado. Non podo prometervos nada. Non sei o que vai acontecer. Poida que me acabe enganchando tanto, que (...)durma tan mal nos próximos tempos, que vos guste tanto etc. etc. etc. que o que hoxe vos regalo se acabe convertendo nunha sección propia da lareira (sempre co permiso de Julio, of course). Se cadra non son capaz de volver a escribir nada inxenioso para continuar o que hoxe comezo. Poida incluso que este sexa só o comezo nun blog propio incluso. Por poder .............. Imaxinar non custa nada. É das poucas cousas que seguen sendo de balde. O único certo é que me gustaría compartir isto con vos. Alá vai:
“Era unha chuviosa tarde de novembro. Pasaran xa tres anos dende entón. El non puidera ir traballar de tanto que chovía. Ela xa estaba de volta, ó fin e o cabo, o seu traballo non era á intemperie. Os dous, pois, se atopaban diante dos seus respectivos ordenadores. Cincocentos kilómetros os separaban. Ti alí, eu aquí. Coñecéronse nun vello chat. Un lugar que a ningún dos dous lles emocionaba, mais alí estaban. Eu preparaba cousas do traballo entre frase e frase. Ti seguramente estarías debuxando. Non falabas moito, tan pouco que as veces esquecía que estabas alí, so unha parpadeante ventaíña me lembraba a túa presencia moi de tanto en tanto. Pasaran xa algunhas horas, era hora de recoller, eu os meus exercicios, ti os teus debuxos. Pregunteiche se usabas msn. Dixéchesme que si. Cousa estraña, os rapaces interesantes nunca tiñan. Ti si. Aquela foi so a primeira de moitas tardes.”
__________________________________
Relato remitido por: María
Colaboradora VIP de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS colaboracións MARÍA , Relatos e composicións feitas para A.L.M.


