mércores, 29 de novembro de 2006

** QUE RABIA DA CANDO........!!!

.....SABES QUE ES VERDAD!!
Envíame Mariam, unha das dúas grandes colaboradoras de alareiramaxica (xunto coa súa tocaya María) un "Que rabia da cando.....!!!" que sirve de denuncia e reflexión a un tempo sobre un tema social de primeira magnitude que, por desgracia, é así: REAL COMO A VIDA MESMA.

-----------------------------------------------------------------------------------
MARCOS Y MOSÉS

Marcos nació en una familia de siete hermanos. Su madre tuvo un parto difícil, pero gracias a la ayuda médica nació sin ninguna tara. Mosés también tiene siete hermanos. Durante el embarazo, su madre (...) tuvo problemas y él nació con un pulmón oprimido que ahora le impide respirar con facilidad. Mosés nació ayudado por su tía y su abuela, expertas ganaderas.

Marcos disfruta de una alimentación sana y equilibrada. Come verduras, carne, pescado, hierro, fósforo, hidratos de carbono... A Mosés se le cayeron los dientes debido a la desnutrición.

La comida preferida de Marcos es el pollo, y el jamón serrano. Mosés no lo ha probado nunca, pero seguro que le gustaría.

Marcos tiene un abrigo de cuadros para los días de frío. Mosés tiene más suerte, porque en su país casi nunca hace frío y no necesita ropa. Es una suerte doble, porque aunque la necesitara tampoco la tendría.

Marcos sale de su casa para ir a jugar al parque y dar un paseo. Mosés siempre está fuera de casa.

Marcos no conoce a su padre y no sabe dónde está. Mosés tampoco lo conoce, pero sabe que murió en la guerra, aunque no contra quién luchaba.

Marcos no irá nunca al colegio ni aprenderá a leer. Mosés tampoco.

La esperanza de vida de Marcos es de unos 20 años. La de Mosés es mayor, pero él quizá no llegue a cumplir los 20.

Marcos es un setter irlandés. Mosés, un niño africano

====================================================
(Relato da escritora Carmen Posadas)

----------------------------------------------------

¿Qué vos pareceu? A historia que nos remite foi escrita e publicada por Carmen Posadas. A un mes vista da época consumista por excelencia, merece moi moito lela e sentarnos a reflexionar do que temos e do que outros non teñen. Que distinta sería a vida se viviramos noutro lugar do mundo...Un mundo no que a corrupción urbanística -a día de hoxe- non corrompe a inocencia dos que alí viven e os asolaga baixo os seus longos e inaccesibles tentáculos. Iso si, eles teñen outros obstáculos aínda moito maiores: o simple respirar. Gustaríame máis que nunca que opinarades sobre o tema en cuestión da forma e maneira que estimedes máis oportuna.

Carpe Diem, Julio

------------------------------------------------------------------------------
REMITIDA POR: Mariam
CATEGORÍA: Maxi-Colaboradora de alareiramaxica
-------------------------------------------------------------------------------

martes, 28 de novembro de 2006

** ¿ Por qué.......? (Nova sección)

Estamos de estreo na lareira máxica. Unha nova sección que se chamará "¿Por qué?. Na liña do "Que rabia da cando...!!!" tratará de facerse preguntas sobre cousas que non sabemos porque suceden ou a que obedecen. Diferénciase da outra sección irmán, porque naquela pódese laiar, protestar ou desafogar un (que sempre ven ben...), nesta é máis curiosa, interrogativa e busca respostas a feitos que pasan: o seu porqué. Ó igual que "Que rabia da cando...!!!" a periodicidade virá marcada por vós....Neste punto aproveito para informarvos que non recibín ningún QUE RABIA, por iso non estou a publicar ningún. Insisto, de vós depende. A lareira é de todos, non so miña....

Dou paso á primeira interrogante desta sección......
-----------------------------------------------------------------------------------
¿POR QUÉ.....?
.... cando as mulleres saen de movida, festa,.... procuran ir semre acompañadas por outra muller ó baño, e case nunca van soas, a diferencia dos homes?
¿Será que teñen medo? ¿Vanlle dar ó palique? ¿Precisan axuda para algo? ¿Para qué a necesitan? ¿Que fan no baño? A pregunta do millón no sector masculino....

luns, 27 de novembro de 2006

** Os príncipes de Asturias esperan unha 2ª nena

Aínda que a lareira máxica non é a prensa rosa, hoxe fago unha breve excepción. E é que os príncipes Felipe e Leticia, comunicaron hoxe que agardan unha irmanciña para Leonor. Nada, que creo que van a ir polo neno....O Congreso dos Diputados respira polo tema da reforma constitucional, pero Hacienda bótase a temblar porque iso siginifica que irán a por un terceiro fillo, a ver se sae varón. Total, os príncipes non teñen problemas para chegar a final de mes. A esa ronda convidamos tódolos españoles de xeito "altruísta"....

** ¿Un home abandoado pola sorte?

Este fin de semana entereime do que lle pasou. Non o sabía e non daba crédito cando me enterei. Sentín algo de mágoa, recoñézoo, pero máis tristeza sería que tivese morto. Por fortuna, as malas novas non chegaron ata ese extremo, se ben para min foi como se tivese morto. Vai ser difícil que volte a velo logo do acontecido, pero quen sabe….Nunca se pode dicir que algo é imposible. Porque os milagros existen. Sí, por fortuna, existen. Xa sei que o que lle pasou a el son cousas que pasan, sí, pero cando pasan nunca o esperas. Ás veces non estás preparado. É o que ten a vida. Nunca sabes cómo te pode sorprender, nin cando nin onde, nin moito menos cal vai ser a túa primeira reacción....

Para os que non coñecedes a Clive, que así se chama o noso protagonista, direivos que é un home único (bueno, xa sei que todos e todas somos únicos), cariñoso, ambable, que se preocupa pola xente, e con sorte, con moita sorte. É unha desas persoas á que todo lle vai ben, ten traballo, saúde, cae ben e vive feliz. Vamos o home “ideal” de para máis dunha muller. Ou iso parece. Non sei. Será cuestión de gustos.

Enigmático. Moi enigmático. Ata o de agora nunca quixo –ou quixeron- que se soubera nada sobre a súa vida persoal. Reservado. Moi reservado, ou iso aparentaba ou debía aparentar. Quen sabe. Pode ser que o de ser inglés teña algo que ver na súa particular forma de comportarse. Ou non. Quen sabe. Pode que sexa unha actuación máis, das que acostuma a facer, ó mesmo tempo que se divirte. Ou iso parece. Quen o sabe.

Alto, sempre vestido de negro, parco en palabras, gústalle moito camiñar. Camiña, camiña, camiña case sen parar….. Ás veces détense para falarlle á xente, incluso ós descoñecidos. Confiado el. (É un home con sorte, con moita sorte…). Pero faino dun xeito especial: cos seus inconfundibles xestos. A único linguaxe universal que no mundo existe. Clive é un home moi peculiar. Sí, definitivamente é un ser moi, pero que moi, peculiar.
.
Desde 1998, tiña por costume visitar España. Desde a súa Inglaterra natal pasaba con nós a última quincena de novembro e case todo decembro. É o que ten ser rico. Pero este ano non será así. Non. Este ano non poderemos voltar ver a Clive. Son cousas que pasan. Non, non. Este ano vai ser moi complicado que o vexamos. Un despido laboral ten a culpa. Despediron a Clive do traballo e é case seguro que non veña a España. Paradoxas da vida, agora que vai ter máis tempo non vai poder vir. E se ven, é bastante probable que non o poidamos ver. Polo menos eu non. Unha mágoa. Xa me acostumara á súa presencia logo de oito anos seguidos, sen fallar nin un. Era case un máis na familia.

Rico. Moi rico debe ser. Cobraba polo seu traballo 48.000 euros anuais. 8 millóns das antigas pesetas. Pero é que era un home con sorte, con moita sorte. Aínda que agora a sorte abandoouno. El que tan ben se levaba con ela e que tanta repartía ós que se lle acercaban. Cando menos teño claro é que non vai ter problemas coa súa hipoteca. Algo que moi poucos españoles poden dicir….

Tiña o costume de afeitarse a cero á cabeza cada vez que visitaba o noso país. Vendo o lado positivo, este ano non vai pasar frío no Nadal….A súa cabeza vaillo agradecer. Ou non. Quen sabe. Ó mellor ela tamén vai botar en falta ó seu rapado de cabeleira que o facíai parecer Kojac nos seu mellores tempos. Iso si, Clive non usaba sombreiro cando viña a España. Sen ter un so pelo na cabeza, saía á rúa “a pelo”.

As vantaxes de quedar no paro non rematan aquí: din os rumores que os seus xefes non lle deixaban falar da súa vida privada (¡ en pleno século XXI e aínda con normas dictatoriais…..!!), e como el é tan obediente e reservado –ou iso parecía- acabáronse xuntando as gañas coas gañas de comer….Agora ata poderá conceder entrevistas e gañarse cartos. Como está de moda…..

Clive Arrindell é un home con sorte, con moita sorte, aínda que este ano a sorte deixouno algo tirado….¿ou non?. Quen sabe. O único certo é que este ano Clive non vai ser o encargado de traernos a sorte anunciando o Gordo la Lotería de Navidad. O home vestido de negro, cual “Loquillo”, o da cabeza recén rapada para saír no anuncio que iluminou os desexos de sorte dos españoles nos últimos 8 anos, o home que se paseaba aixo increíbles escenarios cubertos de neve, o que nos despedía sorte logo de soprar coas mans abertas. Ese home, Clive, foi despedido por Loterías y Apuestas del Estado, que este ano confiou o anuncio do Gordo a outra empresa. Botaremos en falta esa música tan característica, asociada en España á Lotería e, por extensión, á chegada do Navidad. A sintonía da sorte dos últimos anos. E por suposto, o protagonista do anuncio. O noso actor inglés.

O 17 de novembro estreouse o novo anuncio. Para o meu gusto é moi simple, soso e anodino. Claro que é o que querían os anunciantes, xa que dicían que nos últimos 8 anos fíxose máis famoso o actor que o que anunciaba. Algo parecido pasou hai dúas década con aquel home que anunciaba o deterxente Colón e que soltaba a exitosa frase que sentenciaba: “Busque, compare, y si encuentra algo mejor, Cómprelo”. O certo é que vanse aforrar unha millonada en pagarlle ó home anuncio , ó cal lle tiñan prohibido conceder entrevistas ou rodar outros spots. Dicían que se falaba, perdería o halo de misterio que lle querían imprimir.

Con todo, nestes últimos anos, a venda de loterías subiu dun 6 a un 11%.¿Por culpa do anuncio? ¿Ou porque os españoles somos cada vez máis consumistas, con ou sen anuncios, impulsados polos acuciantes gastos que soportamos e recurrimos a un golpe de sorTe como solución a todo? Sexa como fose, creo que non compensa gastarse tanto nun anuncio que, sí é certo, se vende so. Con ou sen Clive, sentimentalismo a parte.