luns, 23 de outubro de 2006

** Un bicampeón español na Fórmula 1 de so 25 anos (I)

NORABOA FERNANDO ALONSO. ¿Ou habería que dicir Fernandinho, posto que esta última carreira de Fórmula 1 disputouse en Brasil, cuna de grandes futbolistas, do falecido Ayrton Senna, e doutros moitos ilustres deportistas?. Chames como te chames (eu prefiro a versión galega: "Fernandiño"), te-lo ben merecido paisano!!! Xa eres bicampión mundial de F-1!!
As trampas de Ferrari e as dos que mandan na F-1 non puideron co bravo piloto asturiano. Finalmente levouse o gato á auga (como vulgarmente se di, pero descoñezo porque a frase se mete co animal das 7 vidas....). A carreira de onte foi un paseo para Fernando, beneficiado, todo hai que dicilo, polos problemas de Michael Shumacher(pero non vale como disculpa, porque outras veces isto ou algo similar pasoulle a Fernando).

Se nos ceñimos á carreira de onte, habería que dicir que gañou o brasileiro Felipe Massa, seguido de Alonso e Button. Shumacher foi 4º e Pedro Martínez de la Rosa, 8º (posiblemente, e por desgracia, o vindeiro voltará ó seu rol de piloto de probas de Mclaren). O segundo posto, cousas do destino, tamén levou parello o segundo campionato do mundo para Fernando. Os dous de xeito consecutivo. Chegados a este punto cabe dicir que se o ano pasado convertiuse no piloto máis xoven en gañar un campionato, este ano conseguiu o 2º. A súa idade ningúen antes acadara ningún campionato.....Aí queda o dato!!!!!

Iso si, temos que darlle toda a importancia que ten a que España conte cun gran piloto como Fernando e que xa leve 2 títulos. Incluso se non consigue máis é toda unha fazaña. Hai que sabelo valorar. Tampouco nos acostumbremos a que debe gañar. Non é fácil. Nada fácil. Hai que saborear cada victoria e cada campionato (oxalá cheguen máis) como se fose o primeiro. Logo cando se retire darémonos moito máis mérito. E cando pasen décadas, moitas máis. Oxalá que logo xurda en España outro piloto do potencial de Alonso e triunfa na Fórmula 1, pero vai ser MOI DIFÍCIL. Non nos enganemos. Pero, de momento, hai que disfrutar con el: coa súa condición, cos seus triunfos.....Hai que saber saborear cada fazaña súa.


No 2007, Michael non estará, e os máximos favoritos trocarán de escudería: Fernando deixa Renault e vaise a Mclaren (dous pilotos españois, se ben De la Rosa, como dixen antes, o máis seguro e que sexa o 3º piloto e, por tanto, piloto de probas, e Kimi Raikonen sustituirá a Michael en Ferrari. A ver que pasa e a ver a qué nivel estará Mclaren (este ano foi a 3ª escudería, pero deixou moito que desexar).

PERO ESTE ARTIGO LEVA PARELLOS DOUS MÁIS (Vamos, que vai con premio!!)
- O primeiro escribino o ano pasado por estas datas cando Fernando conquistou o seu primeiro campionato. Reprodúzoo no seguinte artigo. Porque case todo -senón todo- do que alí dixen, habería que aplicarllo novamente no 2006.

- O segundo pretende denunciar tódalas decisións partidistas que se tomaron este ano na Fórmula 1 e que buscaron beneficiar a Michael Shumacher. Creo que agora que o campionato é dos españois e xusto facerse eco destas oscuras e discriminativas decisións das que falo. Se perderamos parecía un pataleo, pero cómo gañamos....
Pero este segundo artigo publicareino mañán......

Carpe Diem

** ¡¡QUE RABIA DA CANDO.....!!

Hoxe estamos de estreo, facendo caso da suxerencia da proposta de Mar (que me consta que lle gustou a máis xente, servidor incluido), cre unha nova sección: "¡¡QUE RABIA DA CANDO...!!" Nela podedes desafogarvos e lamentarvos de certas situacións, feitos e cousas que vos pasan ou coas que non esteades dacordo. Pídovos que me vaiades enviando tódalas que teñades á lareiramaxica@hotmail.com. En principio, irase publicando esta sección unha vez por semana. Nela rescatarei unha das vosas queixas e, sobre ela, daremos os demais o noso punto de vista (aínda que sexa moi escueto, vale). Co tempo reprantexareime se seguir ou non con dita sección ou facer cambios. De vós depende a súa continuidade (como todo, claro).
Sen máis déixovos coa primeira "¡¡QUE RABIA DA CANDO...!!"

-----------------------------------------------------------------
-----------------------------------------------------------------

¡¡QUÉ RABIA DA CANDO...!!

...Un pariente, de esos que ni conoces, llama a tu puerta con una invitación para su boda. ¿Por qué la gente será¡ tan idiota? Supongo que como la peste de la hipocresía está¡ tan extendida, a todos nos habrá¡ pasado algo similar a lo que me ha sucedido a mí­ estos días. Total, que he recibido una invitación para una boda de un pariente próximo en consanguinidad, pero muy lejano en todo lo demás, y he dicho que no. Tengo educación, he dicho que no excusándome lo mejor que he podido dada la situación, pero, con todo, no he podido evitar que a los papás del novio les haya sentado como un tiro la negativa.

Que situaciones más tontas, me hacen gracia estos papás que a la hora de casar a sus hijos se dedican a buscar parentela aunque sea en la luna. Qué sentido tiene invitar por invitar a gente con la que no se tiene relación, que ni nos llamamos en navidad ni nos acordamos cuando hemos comido en la misma mesa. No lo entiendo, no es la primera vez que me sucede esto y, francamente, no me gusta. Es una situación incómoda e indeseable.

Lo he comentado con mis amigos y me dan dos posibles respuestas al fenómeno: o lo hacen por el vil metal, es decir, saben de sobras que no vas a ir, pero la tarjeta de la invitación cuesta poco y siempre pueden recibir algo por aquello del quedar bien o simplemente, "¡cuantos más seamos mejor!", no importa tanto el interés económico de la cuestión sino más bien es un tema de exhibicionismo social.

Pues, yo he dicho que NO porque me ha salido del alma, y si la castaña revienta que reviente. ¡Ya está bien de tanta falsedad, de tanta invocación! a la sangre y a la familia. Creo que la familia es otra cosa. Con esta gente no tengo nada en común, ¡está claro!. Por no compartir, ni siquiera compartimos los significados de las palabras.
----------------
REMITIDO POR: Mariam
Colaboradora de A Lareira Máxica

** A FRASE MÁXICA.....¿Que opinas sobre a de hoxe?

"El futuro nos tortura y el pasado nos encadena. He ahí por qué se nos escapa el presente" Gustave Flaubert (escritor francés)

domingo, 22 de outubro de 2006

** Aclaracións e unha "correción"

Tres cousas:

1- Desde onte pola noite seguramente tivéstedes problemas para acceder á lareiramaxica. Non é culpa miña. É culpa de Blogger, a empresa que publica tódalas páxinas "blogspot". De vez en cando ocurre isto. O que pasa é que onte durou bastante e afectoulle, por tanto, a tódalas páxinas "blogspot". A ver se solucionan dunha vez por todas estas caídas!!!!.

2- Se vos fixástedes onte aumentei de 81 a 94 o número de enlaces da lareiramáxica. A páxina está en periodo de reformiñas pequenas...Proximamente seguirán crecendo e chegarán ós 100. Algún de vós preguntásteme porqué a uns enlaces lles poño imaxe e a outros non. Hai dúas explicacións: a primeira é que cantas máis imaxes se poñan máis tarda en cargar á páxina,
e a segunda é que dalgúns enlaces négome a facerlle publicidade co seu logo (por encima de pagarlles cartos, non lles vou facer publicidade, como por ex: Telefónica)

3- O outro día publiquei un chiste gráfico sobre o calentamento do planeta...María envioume unha secuencia máis completa da mesma, polo que procedo a publicala.

Carpe Diem