xoves, 12 de outubro de 2006

** Porque rir éche moi sano....

Estáseme ocurrindo que tamén me podedes enviar os chistes gráficos que vos gusten. E incluso podemos ir votando polos que mellores...Hoxe déixovos un par deles. O da roupa vino o outro día no blog de Rabudo (por certo, disfruta das túas vacacións!!!, a miñas están de novo a volta da esquina...).


mércores, 11 de outubro de 2006

** ¿Cómo conquistar a un home? (Visión dunha muller)

Hoxe publico o primeiro artigo voso. Gracias Femme Fatale. Creo que se presta a moitos comentarios. ¿Estades dacordo coas estratexias do artigo?¿cales propodes vós?...
--------------------------
CÓMO CAPTAR A ATENCIÓN DUN HOME EN 10 SEGUNDOS
(BUENO......EN 10 MINUTOS)

" Non hai mellor maneira que facéndose a interesante "
ARTIGO REMITIDO POR: Femme Fatale,
COLABORADORA de alareiramaxica

Di o pai dunha amiga que calquera muller que se precie debe manter sempre un halo de misterio en todo o que rodee a súa relación con alguén do sexo contrario

E tes toda a razón Manolo. Non hai mellor maneira de captar a vosa atención que facéndose a interesante. Ningún mozo que che poida interesar debe ser deses ós que lles gusta rodearse de tipas "babeando" por el. Un home de verdade é aquel que sabe apreciar a excepción. E ese é o home que nos queremos captar (para a nosa secta particular???). Así que, faite a interesante, pasa del nun primeiro momento se fai falla. Faille ver que non che gusta nadiña. E recorda que esto funcionará mellor canto máis bo esté o tipo en cuestión. Se todas están detrás del inevitablemente se fixará naquela que non lle presta a máis mínima atención (faime caso, o seu ego non entenderá o porque ti non o ves).

Primeiro paso: superado

Unha vez a súa atención está captada é importante retela. O segredo é o mesmo: segue facéndote a interesante. Que como??? (Se te estás facendo esta pregunta seguro que eres home, calquera muller debe saber a que me refiro). Pequenos trucos no arte da "atention captis" son: responder que xa tes plan se che propón facer algo esta noite, sufrir un pequeno (o de pequeno é importante porque tampouco convén levar as cousas a tal extremo que o home non teña forma de poñerse en contacto contigo) esvaecemento de memoria á hora de lembrar o teu número de teléfono.

O intríngulis está en facerlles crer que son eles os que te ligan a ti, cando (coma sempre) é todo o contrario. A cuestión do seu ego é algo a ter sempre en vistas. Outro detalle importante é a modestia (falsa modestia). Se lles fas crer que eres curmá da mesmísima Claudia Schiffer pouco importará que non pases de ser unha copia de Betty a fea. Cando el se poña agarimoso e che diga aquelo de "que guapísima eres", ti faille ver que non sabes que estás boísima; se o que adula é a túa simpatía innata, recórdalle que os chistes se che dan fatal .............

E por último, pero non por iso menos importante, se o ligue é un deses tan de moda na era do internesss, cando che pregunte como eres, tarda polo menos 10 frases en respostarlle. A clave está en conseguír que se quede coa mel nos beizos. Durante, polo menos, dous días serás a súa Schiffer particular.

Especialmente adicado a Julio

----------------
ARTIGO REMITIDO POR: Femme Fatale
1ª persoa que colabora na http://alareiramaxica.blogspot.com publicando un artigo

martes, 10 de outubro de 2006

** Youtube comprado por Google

Hoxe confirmouse o que había tempo que se viña especulando: Google comprou a empresa Youtube, a dos vídeos de internet, onde tod@s podemos colgar e baixar os vídeos de moi diversos temas. É a que utilizo para pór os vídeos de alareiramaxica. ¿Que significa isto? Que co tempo pode ser que Youtube non sexa gratuito, coa conseguinte retirada dos vídeos de alareiramaxica. Hoxe non se pode acceder a Youtube, e, polo tanto, os vídeos non cargan. Seguramente mañán se poida. Non creo que os cambios de Google se deixen notar tan pronto, pero vainos haber. Oxalá que a súa compra por Google non conleve custo económico para tod@s, algo que se antolla bastante difícil. O que é seguro e que incluirán publicidade.....
Por certo, os ata agora 2 donos de Yutube embolsáronse moitísimos millóns pola súa venda. Teñen 29 e 27 anos e crearan Youtube en febreiro de 2005. Está claro nesta vida, por desgracia, "poderoso caballero es don dinero". Outro lema podería ser: "Se non podes co teu competidor, e estás forrado cómprao"....
Unha mala nova para tod@s, porque favorece o monopolio, o que pode conlevar desvantaxas para os usuarios, a pesar de que nos tenten "vender" o contario. Non hai que ser tan inxenuos e deixarnos enganar.

domingo, 8 de outubro de 2006

** Un fénix chamado Fernando, preto de repetir...

Trátase do que o vindeiro día 22 de ocubre pode acadar por segunda vez o piloto español Fernando Alonso. O seu segundo campionato na Fórmula 1. O segundo para un piloto español. Aínda non está todo feito, pero incluso gañando Michael Shumacher, a Fernandinho chegaríalle cun 8º posto. ¿Cómo foi a victoria de hoxe do bravo piloto asturiano?...
O que suscribe estas líñas deitouse onte bastante tarde, e madrugou hoxe ás 7 da mañán para ver a carreira na tele. Nun primeiro momento pensei que non me valera a pena madrugar tanto un.... domingo. Os acontecementos posteriores dictarían o contrario (afortunadamente).


Sonaban o despertador. Eran….as 7:03 da mañán. En realidade sonará cinco minutos antes, pero un que durmira pouco non acertou a despertar á primeira ocasión. Este feito fixo que me perdera a saída e as dúas primeiras curvas da emociontante carreira de coches. O suficiente para perderme en directo como Alonso adiantaba na saída ó italiano Jarno Trulli, o seu gran amigo e outrora compañeiro de equipo en Renault.

O bo da televisión e que logo danche as repeticións. ¿Com foi ó inicio?. Arrancaba Fernando dun quinto posto na parrilla de saída. Por diante tiña a Felipe Massa, Michael Shumacher, Ralph Sumacher e Jarno Trulli.
Logo de dar conta deste último, tentou adiantar ó irmán do sete veces campión do mundo, Michael Schumacher, pero este cual serpiente escurridiza que se move dun lado a outro tentando non ser atrapada, taponou nas primeiras curvas os intentos de adiantamente de Fernando. Este acción fixo que a ansía do español por situarse trala estela dos dous pilotos se visen frustrados.Namentres, por diante, Michael adiantaba a Felipe Massa e sitúabase líder.

Unhas voltas máis tarde, o empuxe constante de Fernando deu os seus froitos conseguindo pasar á Ralph Shumacher. E un par de minutos despois avanzaba ata a segunda posición trala parada en boxes de Felipe Massa. Fernando tirou como un poseso para sacar vantaxe deste feito. Cando lle tocou ó turno de entrar a respostar ó español e saiu de novo á pista, fíxoo por diante de Felipe Massa. A segunda posición xa non a voltaría a perder trala primeira repostaxe.

A todo isto, o outro piloto españo, Pedro Martínez De la Rosa, sufría os rigores propios de saír cun motor de menores revolucións que o do seu compañeiro de equipo en Mclaren, Kimi Railkonen. Finalmente acabaría undécimo, tras sair na posición 13º na grella de saída.


Pasaron as voltas e Fernando seguia segundo, reducindo cada volta que pasaba a súa desvantaxe en relación a Michael Shumacher. Pero o que ninguén esperaba aconteceu. A falta de 16 voltas para o remate da carreira., Michael rompía o motor do seu Ferrari, feito que non acontecía desde o ano 2000….

De aí ata o final, as tres primeiras posicións non variaron e Fernando Alonso gañou a carreira de Xapón, seguido de Felipe Massa e Giancarlo Fisichella.
E tras baixarse do coche, Alonso voltounos obsequiar cun xesto curioso. Desta vez co dun ave fénix, estilo karate kid (Posteriormente, manifestou que se trataba de recreaar que emerxerá das súas cinzas, como un ave fénix). A alegría desbordouno e no podiun pegou uns salto que a piques estivo de facer que agarrase a luna se ésta se descoida.

Agora comanda a clasificación de pilotos cunha vantaxe de 10 puntos sobre Michael Shumacher. So unha victoria do alemán e que Fernando non puntúe (quedar de 9º ou peor) no Gran Premio de Brasil, carreira coa que se dará por concluido o Campionato de Fórmula 1 de 2006, faría que o español non revalidase o seu título de campión mundial.
O 22 de Octubre sairemos todos de dúbidas. Daquela non fará falta madrugar porque polo horaro de Brasil, a carreira será sobre as 8 da tarde (horario español).

Polo de pronto, hoxe a min valeume a pena durmir pouco e madrugar para ver a carreira e todo o que nos depararou. O colofón final, o mellor posible: victoria de Fernando e abandono de Michael. Noraboa Fernandinho.
Carpe Diem.