domingo, 17 de setembro de 2006

** Hai vida en Sanxenxo despois do verán.....

O verán remata. Dentro duns días principiará o outono. Sempre me fago un lío non sei se o 21, o 23 ou o día que digan os profesionais do tempo. É igual. O mal tempo precipitou uns días antes o final da temporada estival. O noso concello xa empezou a notar desde que empezou setembro a fin das malditas aglomeracións e das colas para todo e en tódolos sitios. É o que odio do verán en Sanxenxo. Os que non coñecedes Sanxenxo fora do verán, non sabedes que ben se está en meses como os de maio, xuño e setembro!!!. Este verán volvín a disfrutar da compaña de amig@s que facía un ano ou máis que non vía. (...)

Dá gusto ver ós amig@s que fai tempo que non vés e que son grandes amigos. Un denominador común en varios casos: a distancia, esa lousa amarga. Algúsn viven fora de Galicia. Aínda así, tiven a oportunidade de ir visitalos en algunha que outra ocasión a pesar de estar lonxe. Barcelona, Oviedo, Lugo e Ourense son algúns dos sitios onde viven xente á que aprecio moito e da que un se sinte orgulloso de telos como amig@s.

O verán é tempo de descanso e de ocio, e iso fai que haxa quen aproveite estas datas para voltar a Galicia. Outras veces un acontecemento festivo fai que vell@s amigos se volten a reunir, case cada ano. Uns e outros xa sabedes a quen me refiro en cada caso. O importante é iso, non perder o contacto, aínda que pasen meses sen verse fisicamente. De tódolos xeitos, as novas tecnoloxías teñen entre os seus aspectos positivos o romper con esa losa que supón a distancia, acortala e facela case insignificante.


...E Sanxenxo volta a respirar, agora hai máis "aire" para os "nativos", logo de os visitantes e turistas vidos de diferentes puntos da península ibérica se marchen. Non é quen non me gusten, simplemente que non me gusta que se concentren nunha pequena vila tanta xente. Según os medios de comunicación, Sanxenxo pasa a ter escasos 17.000 habitantes durante o ano, a máis de 100.000 no verán. As cifras falan por si soas. O peor é as CANTIDADES INXENTES DE PERSOAS QUE SE CONVOCAN EN SANXENXO NO VERÁN. Polo demais, non me molesta que nos veñan visitar e que teñan unha envidia sana das boas praias que temos (a pesar de que algunhas estean mal acondicionadas incluso con bandeira azul).

O dito, xa se pode circular pola estrada sen atascos, xa se pode paser por Silgar con espacio suficiente, xa podes entrar no "súper" e non desesperar no intento de pagar......

Logo, chegará xullo do 2007 e todo voltará a comenzar....ata setembro de 2007 que rematará...E así un ano tras outro. Como sempre....

Carpe Diem, e saúdos especiais para tódol@s amig@s cos que tiven a sorte de reencontarme este verán.

venres, 15 de setembro de 2006

** O Euro, ése desafortunado coñecido


A min que non me conten historias os políticos. Desde que entrou o euro nas nosas vidas, parece que gañamos menos cartos. Esta afirmación que non é de todo falsa, compleméntase con que DESDE A ENTRADA EN VIGOR DO EURO, TODO, PERO TODO SUBIU. Os famosos redondeos dos precios fixo que algo que antes valía 100 pts (abreviatura das finadas "pesetas" ¿lembrades?) axiña, ou case simultaneamente, custara 1 euro...
O calzado, por exemplo, foi unha das cousas que máis incrementaron o seu precio. Uns zapatos de 4.000 pts, agora non os atopas, salvo excepcións, por menos de 50 euro. Istó é, máis de 8.000 pts.
Para que logo digan que o euro foi bo. A única vantaxe que lle vexo é que así non hai que cambiar de moeda para ir a varios países. Polo demais, todo é máis caro. A este paso caeríasenos o pelo a to@s....

** Fin de vacacións...polo momento

Pois si, si, todo o bo se acaba, como di o outro. Hoxe rematan as miñas vacacións....pero aínda me quedan 15 días,que espero disfrutar, se todo vai ben, en octubre. Nesta primeira tanda de vacacións aproveitei para ir introducindo pequenas cousas novas en alareiramaxica. Se consultades o google tecleando xunto "lareiramaxica" atoparédesvos de que o blog xa ten un tamaño de 152k, o cal é bastante se o comparades con outros blogs. De aí que cada vez que subo algo me tarde bastante en actualizar.
Onte retirei, por fin, as últimas palabras que quedaban en inglés no blog:as famosas "about me" "view my complete profile". Xa se poden ler en galego. Outros pequenos cambios foron o de reducir o tamaño do calendario, actualización de links e vídeso musicais e de humor, así como a inclusión de algún vínculo novo, e volta a publicación diaria, ou case, de artigos son so algúns dos cambios feitos.
Leveime unha grata sorpresa ó ver que accede a esta páxina xente de diversos puntos de España e do estranxeiro. A de máis lonxe é en Estados Unidos. Caray !!! O único que se bota en falta é a partipación de tod@s os que, nalgún momento do día, accededes á lareiramaxica. Por certo, en menos de 5 meses de vida, case tivo 5.000 visitas o sitio. Casi na!!!

mércores, 13 de setembro de 2006

** O F.C. Barcelona golea na Champions League



Hoxe iniciouse a liguilla da Champions Leaque. 8 grupos de 4 equipos dos que se clasificaran os dous mellores de cada grupo. O Barcelona goleou a un frouzo Levski de Sofía (Bulgaria) por un incontestable 5-0, con goles de Iniesta, Giuly, Puyol, Etoo e Ronaldinho (cun gol para enmarcar). Un día no que os xogadores do Barça, por primeira vez, portaron publicidade nas súas camisetas: elixiron a de UNICEF, que levarán de xeito gratuito.
O Valencia, pola súa parte, gañou a domiclio ó Olimpiacos (Grecia) por 2 a 4 (con tres goles de Morientes e un de Albiol). Agardemos que sexa un presaxio dun excelente ano español na Champions. Iso si, como bo barcelonista, desexo que o triunfo final nesta competición sexa para o F.C.Barcelona.