** Os bancos intensifican a venda de productos con riscos
Logo do escándalo das preferentes e das subordinadas na que todos coiiciden que miles e miles de españoles foron estafados e non informados dos riscos que conlevaban (existen multitude de laudos arbitrais e sentencias xudiciais que así o demostran), os bancos parece que voltan ás andadas ofrecendo novamente productos con risco a clientes que van pedir depósitos a prazo fixo de toda a vida: bonos, fondos de inversión, pagarés e outros. Incluso ós que non piden producto algún. Cómpre, pois, estar alerta e ter moito ollo co que nos queren vender. É algo xeralizado a tódolos bancos, como podemos ver neste artigo elaborado por ADICAE.
Lembrade: non se debe firmar nada que non se sepa o que é, aínda que cho venda a persoa do banco que coñeces de toda a vida. Eles van ó seu e reciben atractivcas comisións por vender o que lle mandan os seus xefes. Agora os bancos están obrigados a facilitar todo tipo de información para que o usuario poida estudar con calma o que vai firmar. E se se negasen débese acudir á Oficina de Consumo e poñer a conseguinte denuncia. Así que, en caso de dúbida débense levar os contratros a asociacións de consumidores (ADICAE, AUSBANC,...).
En fin que rescatamos bancos, pero os vellos costumes parecen que rexurden...
...........................................................
Julio Torres
1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Claro, ó estar o Euribor en mínimos históricos os depósitos a plazo fixo que adoitaban contratar os clientes máis tradicionais xa non ofrecen apenas rentabilidade e daquela volven a aparecer este tipo de productos que poden dar un chisco máis pero que conlevan moito máis risco. Fiarse on non fiarse, this is the question.
Publicar un comentario