** Magnum
Magnum foi unha das series míticas alá polos anos 80 e unha das primeiras que puidemos ver na TVG. Coido que aquelas dobraxes ó galego coas frases míticas de Higgins: "Oh meu Deus!!"ou "Zeus, Apolo" (cando chamaba polos cans) ou as divertidas tramas nas que se vía envolto Thomas Magnum (Tom Sellek) marcaron unha época. E a sintonía de entrada é inconfundible...
...........................................................Julio Torres
3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :
Debería existir unha canle de tv "retro" onde botaran as series míticas daqueles anos. Non sei como aínda non se lle ocurreu a niguén. Sería unha canle retro low cost, total esas series teñen que estar tiradas. Seguro que inda había de ter audiencia. Nestes tempos tan ruíns é sinxelo mirar cara atrás e sentir nostalxia.
Alvariño: cando empezara a TDT ala por novembro de 2005, hai xa 9 anos, botaban Canal 50 anos de TVE. Pola noite era Clan e a partir das 20:00 ou así era Canal 50 anos. Pois ben algunha serie ou concurso (pex: 1,2,3) botábanos.
Estou contigo en que sería barato voltalos botar en lugar de tanta serie americana que repiten insistentemente en Clan...
Saúdos
Non era eu moito de Magnum, pero lembro perfectamente a música de cabeceira, como non? A diferenza doutras series dos 80, onde empezaba a aparecer o "guaperas" de turno, (O coche fantástico, O equipo A...)Tom Selleck era dos normaliños. Claro que os gustos e as modas van cambiando e a audiencia hai que alimentala de algunha forma.
Un saúdo.
Publicar un comentario