domingo, 5 de maio de 2013

** "Lola... no aire dende A Lansada"

Hoxe en Cuarto milenio + 1/4...


A nosa enviada especial Lola Mejuto falaranos sobre esa excavación tan misteriosa no entorno da capela da Lanzada. Un lugar máxico colmado de lenda, superstición, ritos sobre a fertilidade e fanecas bravas onde un equipo de arqueólogos descubriu unhas raras estruturas dunha fábrica de escabeche prerromana. Falaranos desa máquina que inventou un habitante da zona pra facer chourizos nun mundo onde a economía sostenible e a produción baixo pedido evita a acumulación de stocks. Lola, cóntanos como vai esa excavación e que novos achados foron aparecendo durante   estes novos días.  

-Moi bo día, Cuarto milenio + 1/4.
Hoxe volvemos á lansadeira pra poñer algo máis de luz nese misterio que enchoupa esta e outras estacións arqueolóxicas do país e tentar resolver esa pregunta que a tantos historiadores e investighadores lle ten roubado o sono... quen lle bota terra aos monumentos do pasado en Ghalicia? quen lle planta logo todo ese toxo por riba, pra ocultar eses tesouros da nosa histórea? é unha ou varias persoas? a da Lansada foi enterrada por alghún meco (habitante do Grove) ou, pola contra, por alghún ghato de Portonovo que non quería que lle expoliasen (que non espoleirasen, porque poleiros haiche moitos, cos seus polos, polas, poliñas, ghalos e raposos!)
Se os arqueóloghos teñen que desenterrar estas casas? Existe alghén entre nós que se adicou ao longho da histórea a botar terra por riba? É este un fenómeno paranormal ou estraterrestre? Existe alghún fillo de visiño que non lle interesou que todo isto fose sacado á lus? Está dentro de toda esta trama histórico-arqueolóxica alghunha inmobiliaria castrexa, romana ou medieval que andaba ao estraperlo do sal e escabeches?
Perghuntámoslle a unha desas tantas persoas que se adican a mirar as obras (son os que máis saben e entenden, máis cós propios arquitectos,... non che hai máis que ouvilos)

- Ola, bo día! Vostede é de aquí da Lansada?
- Ho! De aquí aquí non, mais podía ser!
- E Vostede que pensa sobre todo isto que está a apareser no entorno da capela da Lansada?
- Eu, mir'usté! Eu pénsolle que aquí debeu pasar algho ghrande de muchopadreyseñormío. Porque se estes señores, que son entendidos na materia, non como eu que son un simple afisionado e estudei as 4 reghras, como son os arqueólaghos din que aquí había unha fábrica de escabeches que debeu funsionar durante sentos de anos. Eu perghúntome? Se tantos aniños denuestroseñor funsionou todo esto, como é que non se sabía? Onde foi parar tanta riquesa? Quen nesesitaba tanta escabeche? Porque, hoxe non, que está todo mecanisado e as escabeches fannas nas fábricas esas de conservas,... pero hai centos de anos, digho eu que ao se faser todo á man, tería que haber aquí moito personaldediós fasendo escabeches, porque non había máquinas nin os adelantos que hai hoxeendia. Porque claro...
- É que eu quería...
- ...hoxe non lle é coma antes que hoxe daslle un botón e sae todo feito, con esto dos ordenadores. Teño eu un primormano meu, que diosoteñanaghloria que traballou no estranxeiro; el estaba ao cargho dunha máquina de faser chourisos. Por un estremo entraba o porco e polo outro saían os chourizos feitos... home, el tiña que estar pendiente de vixilar que o pimentón non fóra de máis, porque logho os chourisos non había raio que os comese. Pero, ao que iba, o porco por un lado e os chourisos... e ían saíndo aseghún! Aseghún a demanda de mercado. Que se vendían moitos chourisos, pois dáballe máis revolusións á máquina, que non, pois menos; que sobraban chourisos porque era un mes deses nos que non se comen porque non se fai cosido ou porque tiñan malasuerte e chos devolvían, pois dáballe á manivela ao revés, metía os chourisos e dáballe cara atrás e saía o porco enteiro polo outro. Foi cando se inventou eso da produsión sostinible ou pedido baixo demanda. Ese rapás naseu antes de tempo. Naseu antes de tempo porque tiña moito conosimiento e sempre iba máis avanzado ca realidá.
- ... e entraba por un sitio e saía o porco enteiro polo outro?
- Si, si... todo eso foi cierto. Mepartaunrraio aghora mirmiño!
- Ben, pero eu queríalle perghuntar sobre esta escavasión.
- Ai! eu non lle son de aquí, señoriña! Eu simplemente vin aquí aos baños e ghustame mirar estas cousas, porque eu traballeille moitos anos na construsión e carretando cemento, ghrava e poñendo pichi nas carreteras. Máis da mitá de Ghalisia empicheina eu, que se di moi pronto pero haiche que estar tódolos díasdenuestroseñor chova, xíe ou queime o sol, respirando aquel fume neghro que cheiraba a raios e soportando aquel calor que botaba o cameón por detrás. Non vaia a pensar usté que este meu moreno é de vir á praia, é de tantas horas andando a tras do cameón e botando pichi por tanta carretera que hai. O que andan a faser estas personalidades aquí na Lansada, desenterrando esas pedras ou esas casas,... pois pra min mirar estas cousas, para min é un adivertimento. E ando así a matar o tempo derde que me xubilei, che!.
- Pero, Vostede, non ten nada que ver coa excavasión?
- Que di ho! Eu, touchedisindo, que estou mirando como estes traballan, que pra algho son estudiados. Non me vou meter eu aí adrento a cavar se non son arqueólagho. Eu, touchematando o tempo aquí como podía estar na taberna xoghando ao chinchimoni. Entrementres non me volve a muller... que foi pegharse uns baños de non sei cantas olas aí na praia esa que tendes vós aquí,... esa,... a dos Foghos ou dos Foxos, que sei eu! Que esdelomeghorcito que hai, eh! Que todo hai que dicirlo! Onte boteille un canivete e quere ter un rapás, e non hai maneira. Eu xa lle dixen que non está na edá,... que onde vai ir aghora con 72 anos? Mais ela que non, que a Virxe da Lansada é moi milaghreira e que lle ten moita devosión e todo eso... e, claro, se ela ten ese capricho de ter un rapás, pois aí andamos, muchacho, ao pé do cañón tódolos días.
- Pois, nada,... desculpe as molestias e a equivocasión. É que como o vin vestido coa funda e co pixighlás pois pensei que era alghén importante.
- Bop! Pois preghuntaras mulleriña. Disíasme... son fulana de tal, e vostede quen é! Eu disíache sen problema ninghún ninghún. E esto que está a ghravar pra que é? é prá tilivisión?
- Si, é pró poghrama "Cuarto milenio máis un cuarto". É un proghrama de investighasión sobre misterios e cousas sen resolver.
- De misterios? e eso de quen é... do Jiménes del Oso, ese de barbas que saile na Primeira?
- Non, este é outro. O de Jiménez del Oso ese foi nos anos 80.
- Nos ochenta? e lo! Que foi dese homiño señora? Non o enterrarían, porque aghora na tilivisión son todo mulleres, hastra falan de coches e de furbol e da conascasbotou!

Ben, pois devolvemos a conexión a ALM.
Informou, Lola Mejuto.
A Lansada.

[© Martiño Picallo]



.....................................................................................................................................

NOTA ACLARATORIA: Este relato, escrito en clave de humor, da conta do feito real das excavacións realizadas en 2010 no entorno da ermita de A Lanzada, na parroquia de Noalla (Concello de Sanxenxo), nas que se atoparon restos dunha antiga fábrica de sal prerroamana e se atoparon 11.000 restos de cerámica. Visita recomendada. Non hai que pagar. E de paso, e aproveitando o bo tempo destes días, podedes acercarvos polas maravillosas praias e lugares do arredor.

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Mary C.V. dixo...

Noraboa! magnífico! Encántame! Moi bo traballo! Humor e historia mesturado nunha conversa que podería ser moi real. Ten expresións da xentiña maior da zona. Xa me parecía que o señoriño non era da Lanzada, que os de Noalla, Vilalonga e A Lanzada non seseamos..., jajaja.

Alva dixo...

¡Moi bos! Tanto o achádego arqueolóxico coma o relato.