venres, 2 de novembro de 2012

** Cores, monstros i números


MADRID. Patricia Loureiro


Quédome con istes monstros "azuis" que non metían medo, i non cos da noite de de tódolos santos. Divertido, didáctico i agradábel sketch dos entrañables Triki, Trake, Coco i demais. O mestre Coco i as súas clases (arriba i abaixo, cerca i lonxe, etc.) i as galletas do Triki...





I contar no Barrio Sésamo semellaba mui sinxelo destoutra maneira. Con música, debuxos animados i repeticións unha tras outra. Ou che gustaba ou maldicías ás bolechas por tercas i cansinas.




ENLACES DE A LAREIRA MÁXICA RELACIONADOS CON ISTE ARTIGO:

** ¿Que foi dos protas de Barrio Sésamo? (I)
** ¿Que foi dos protas de Barrio Sésamo? (II)
** ¿Que foi dos protas de Barrio Sésamo? (e III)


1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dixo...

Jo. Si que me gustaban estes monicreques cando era pequeno. Simpaticos, divertidos, didacticos,... Agora xa non se ven destas cousas na tele. O mais parecido os teletubis, ainda que de parecidos teñen pouco. Cos teletubis non aprendias nada nin sacabas nada en claro, pero con estes bonecos, ainda te rias e inda por riba aprendias inda que foran cousas demasiado basicas. Diferencia entre alí e aquí, cerca e lonxe, arriba e abaixo,... Na súa etapa en Barrio Sesamo estiveron moi presentes ata as duas ultimas versións deste programa que xa parecía mais barrio catalan que barrio Sesamo. Supoño que agora estes bonecos xa non teñen tiron entre a xente nova. O que non entendo é que lle ven a series de dibuxos como bob esponxa. Tampouco é que haxa alternativas tan parecidas a estes bonecos. Ou son debuxos con acción e aventura ou debuxos que solo che poden gustar si non tes outra cousa que ver e chos poñen unha e outra vez. Pola forza acabas vendoos, pero non son tan bos como estes. Bueno, ó mellor é que os meus gustos son xa demasiado vellos e os gustas das xeración moi novas son drasticamente moi opostas a como cando era eu da súa mesma idade. ¿Vos que opinades?