sábado, 30 de junio de 2012

** Que rabia me dan...os esteretipos sexistas!!!


SANXENXO. Mary Camiña
Colaboradora de A Lareira Máxica

Nunca fun capaz de entender por qué as nenas tiñan que xogar ás monecas, os nenos aos coches e os que se saían desos estereotipos eran denominados "macholos" , elas; ou "cricas" ou "maricallos", eles.
Menos mal que hoxe en día, algunhas mentes vanse abrindo pouco a pouco a outra realidade, na que as persoas poden ter gustos ou conductas similares sexan homes ou mulleres, ainda así se ven certos "prexuizos".

Lendo un artigo de xa hai tempo, chamoume a atención cómo unha persoa seguía a supoñer que homes e mulleres somos diferentes na forma de pensar e de sentir, só polo mero feito de ser do sexo que somos. Non é que me preocupara en exceso esta opinión, nen que fose a primeira vez que o oio, pero sí me fixo pensar.

Toda a miña vida levei etiqueta de "rara". En aparencia, según me fixo saber un día o profesor de dibuxo lineal, son (ou era por aquel entonces) demasiado feminina, para facer unha inxeniería (non sei moi ben de onde sacou iso, a verdade...)..., e como daquela ainda non tiña o carácter o suficientemente definido, pois tomeimo ao pé da letra, xa non sería inxenieira, non porque mo dixera semellante especimen, e moito menos porque mo crera, senon por medo a encontrarme na carreira a máis dun que pensara o mesmo. Pero intelectualmente, parece ser que me parezco máis ao sexo masculino..., iso me fixo saber un profesor de primaria do colexio dos meus fillos, xa que segundo él, as mentes matemáticas son máis ben de homes, ja!. O que hai que oir..., se eu lle contara o “calculadoras” que poden ser as mentes dalgunhas mulleres...(Sí, é certo, isto último vai con retranca e é sexista, tamén hai homes “calculadores”...)

E mirade vos por onde, na carreira recrimináronme que para ser muller sempre ía moi sencilla e sen maquillaxe..., pero vamos a ver, eu a maquillaxe úsua, pero cando me apetece ou en certas ocasións, ...para sentirme mellor, non por ser muller... Non teño nada en contra das mulleres e homes que usan a maquillaxe a diario porque así se sinten mellor, pero que non me digan que unha muller ten que maquillarse a diario necesariamente, ou vestir á última...

¿Por qué necesariamente ás mulleres lles ten que encantar ir de compras? Pois non, non me gusta ir de compras, só vou cando me é imprescindible.

Tamén me dín conta que prevalece, dixen prevalece e non que sexa así en tódolos casos, a conducta machista máis na muller que no home. Encontreime moitísimos casos nos que as mulleres non soportan que o seu superior sexa outra muller.

Cántas veces fun criticada, e o sigo a ser, por non acatarme á forma "convencinal" de ser de muller : non me gusta ir de compras, odio pasar todo o día limpando, odio as telenovelas, detesto os cotilleos, e sempre necesito ter a mente activa en algo creativo. Abofé que existen máis mulleres coma mín, entón, ¿por qué seguimos cos estereotipos? Quizais pola necesidade inconsciente de ter todo analizado, seriado e etiquetado.

Teño claro, moi claro, que as persoas somos diferentes porque senon seríamos robots, copias, clons,..., non habería distintos puntos de vista, todos estaríamos de acordo e ... adeus ao factor sorpresa...

De seguro que máis dun debe pensar que teño un carácter forte, pois sí, levo moitos anos fortificándome. Uns dirán que son son unha rebelde, outros que unha paranoica, haberá incluso quen dirá que me gusta ser o centro de atención, e outros que unha frustrada¿?...: sencillamente son unha persoa,sí, unha PERSOA, nin mellor nin peor que os demáis, tan só diferente, unha persoa á que non lle gusta que a etiqueten ... Cada persoa é única polo que é, o que sinte, os seus gustos, os seus pensamentos e os seus feitos, non por ser home ou muller. Cando isto quede claro, por fín poderemos convivir homes e mulleres como o que somos: PERSOAS, con uns gustos, preferencias e actitudes diferentes, propios de cada quen e non do sexo que portamos.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Julio Torres dijo...

Un artigo moi interesante. A min nunca me gustou nin o término machista nin o de feminista. Prefiero o de igualdade EN TODÓLOS SENTIDOS. Traballo,garda e custodia de fillos, etc. EN TODO

sonia dijo...

Gran tema: homes e mulleres.
Aínda que a nivel científico demostránse certas diferencias físicas entre homes e mulleres está claro que todos somos iguais, é o importante é ser persoa tanto sexas home coma muller. Todos deberíamos ter dereito a escoller a nosa profesión sen que supoña unha discriminación..ao igual cos dereitos do home e da muller.
A nivel cultural hai demasiadas estereotipias e comportamentos tan arraigados que é moi complexo rompelo. Supoño que a clave está na educación dos nenos, ensinarlles na igualdade de oportunidades pero para iso é básico que a familia así o transmita.
A discriminación da muller en certos países segue sendo tan discriminatoria que me asombra nos días nos que estamos, e tamén no noso país.
Aquí tamén quero sinalar respecto as leis, as veces bastante inxustas con respecto aos homes. Se queremos igualdade, que sexa en beneficio de ambolos doús sexos.
Seguirá sendo unha loita día a día polo dereito da igualdade home e muller, muller e home.

Julio Torres dijo...

Coincido contigo, para variar, Sonia.