lunes, 17 de enero de 2011

** O alto ó fogo da $GAE que non chegou a ser tal


SANXENXO. Julio Torres


Hai artículos que son, sinxelamente, moi bos e sintetizan perfectamente o pensar de moit@s de nós. Un deles é o que escribe o xornalista Manuel Almeida sobre a $GAE (Sociedad General de Autores e Editores) e o seu último comunicado. Aínda que o símil que el fai poida parecer ousado e sexa sobre temas moi distintos (económico o da $GAE vs seguridade cidadán o outro), coido que é moi acertado. Considero, ó igual que Manuel Almeida, que todo o que di a $GAE -tendo en conta o seu abusivo afán recaudatorio privado amparado polo Governo, engade un servidor- hai que tomalo con recelo, con moitísimo recelo. Nin sendo un "alto ó fogo general, permanente e verificable". Seguro que hai gato encerrado. E senón ó tempo. Non creo que renuncien así tan fácilmente a seguir lucrándose. Á codicia gústalle comer.

Nunca entendín, por exemplo, como se pode cobrar un canon dixital por un cd ou dvd que se da por seguro que se vai a usar para copiar cd´s protexidos polos dereitos de autor, cando nós tamén os usamos para gardar os nosos traballos (fotos e vídeos propios, relacionados co noso traballo ou con estudios,etc.). O chamativo deste exemplo é que a nosa Constitución di que todos somos inocentes ata que se demostre o contrario. Sen embargo a $GAE, co consentimento explícito do Goberno insisto, entende que tod@s usamos os soportes magnéticos exclusivamente para usos ilícitos. E iso é moito supoñer pois de todo haberá. ¿Por qué teño que pagar un canon dixital por comprar un cd ou dvd no que vou gardar as fotos que fixen ou os vídeos que grabei. Insisto, paréceme inconstitucional.

Non deixedes de ler o artigo de Manuel Almeida (premede no enlace que vos puxen antes arriba). Por certo, gran frase a que cita de Víctor Hugo.

ACTUALIZACIÓN 21-01-2011: Nunha artigo publicado no Faro de Vigo, revélase que o presidente da $GAE percible ó ano uns 250.000 euros. Un soldo, completamente indecente.

ACTUALIZACIÓN 24-01-2011: Hoxe PSOE, PP e CIU acaban de pactar a denominada "Lei Sinde" proposta polo goberno central. A "Lei" aprobarse previsiblemente en febreiro e busca controlar as descargas por internet con mecanismos non soamente xudiciais. A gran beneficiada será a SGAE. Nun primeiro momento PP e CIU criticárona, pero finalmente chegaron a un pacto e apoiarán ó PSOE.

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

O Moucho dijo...

Totalmente dacordo. Seguramente cambia a estratexia nun intento de limpiar a cara, pero non creo que renuncie a seguir perseguindo a todo o mundo. Estan acostumados a amasar moitos cartos con leis ambiguas que protexen a súa actividade. Non creo que renuncien a cobrar a todos por todo. As palabras, son eso, palabras. E as palabras levaas o vento. Como Santo Tomas, non mo creo ata que meta os dedos nas iagas. Todo o mundo quere feitos probados non palabras ambiguas e inconcretas.

Alvariño dijo...

A SGAE está en proceso de redefinición do seu negocio. A chegada das novas tecnoloxías leva consigo unha necesidade de adaptación ás novas circunstancias.

Alva dijo...

Víase vir ás légoas. Soamentes foi unha trégoa temporal.