martes, 12 de octubre de 2010

** Richard Dean Anderson ou cómo saír ben dun problema


SANXENXO. Julio Torres


A súa figura naceu mediada a década dos 80 e permanece imborrable logo de 25 anos. Incrible: con calquera cousa inventaba ouro e saía de situacións aparentemente de inverosímil resolución. O seu nome incorporouse ó acervo popular case ó mesmo tempo que o do mellor mago do mundo. Logo virían as reposicións. Claro que non é o mesmo velo hoxe que hai 25 anos pois hai 25anos a tecnoloxía estaba en proceso de fecundación e hoxe día xa superou a maioría de idade. McGiver foi un crack da época, un modelo a imitar mezcla de imaxinación e habilidade en doses altas, ríanse fontaneiros ou electricistas que para eles quixeran ter os seu dotes de intelixencia e practicidade. É máis con el, a crise económica estaría resolta nunhas horiñas.¿Imaxinádesvos cómo a daría por finalizada? Servidor non o sabe, pero no seu mundo pseudo-real os atrancos non eran máis que simples anécdotas insípidas...

Para os nostálxicos desta afamada serie dos 80:

2 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

sonia dijo...

Vaia, qué recordos. McGiver, ero un modelo a seguir, je. Un héroe.

Alvariño dijo...

¡Quén fora McGiver para poder arreglar a lavadora cunha chocolatina, un chicle de fresa e un anaco de cinta aislante! Viríame moi ben un arranxo destes anque so me durase ata ó proximo plan renove de electrodómesticos.