miércoles, 15 de septiembre de 2010

** O luns 20 de setembro o lume de A.L.M. medrará...


Tentarei facer artigos máis curtos e fomentar a opinión e a vosa reflexión. Non vai ser nada doado, pero vou tentalo. A Lareira Máxica tratará de tocar temas de actualidade para debatir, pero haberá bastante espacio para outros temas atemporais ou para lembrar cousas xa pasadas. Todo isto aderezado con música o máis animada posible e con humor, moito humor. ¿Que sería da vida sen música e sen humor?.

Como xa dixen o domingo, e por de falta de tempo, publicarei menos pero tentarei que haxa cando menos un par de artigos semanais. Por suposto, acepto encantado os vosos propios artigos sobre o que estimedes oportuno. E tamén cos vosos comentarios. Gracias polo voso interés e por visitar e/ou colaborar con A Lareira Máxica. A ver se, entre todos, conseguimos facer deste blog un lugar de encontro para expresar as nosas opinións sobre os temas que queirades. So pido respeto, aínda que non se compartan as opinións aparecidas no blog en forma de artigos ou comentarios.

Xa podedes dicirlles ós vosos amig@s e coñecidos que o luns 20 de setembro volta A Lareira Máxica, cargada de moita ilusión e co seu deseño de sempre (moi poucas novidades haberá neste apartado, pois priorizarei máis o contido que o formato). ¿Máis novidades? Paseniñamente iranse introducindo, na medida das miñas posibilidades. Tempo ó tempo...

3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

Luscofusco dijo...

No feisbuk púxenche unha idea para dinamizar/dinamitar o blog de ALM. É unha idea a ti que che gustan tanto os medios de comunicasión de masas. Mestura de 4ºmilenio, E-Directo e outros programas informativos.

Aínda que é o primeiro episodio piloto, prepárate porque creo que me pasei escribindo e coa queixada desconxuntada.

Apertas!

Raquel dijo...

Veña, cóntanos cousiñas interesante, curiosas...

Julio Torres dijo...

Lusco Fusco: Encántame, benvido a esta a túa casa. Un saúdo, amigo. Un pracer terte como novo colaborador de A Lareira Máxica.

Raquel: xa quedan menos horas para o regreso. Por certo, anímate a participar no blog e cóntanos algo ti tamén!!