miércoles, 18 de abril de 2007

** A Frase Máxica........sobre o amor e a amizade

"Moi ben pode acontecer que unha muller senta amistade por un home; máis para mantela é preciso o concurso dunha pequena antipatía física"


Johann Wofgang von Goethe(escritor e historiador alemán)

5 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!! :

María dijo...

Por fin alguén que me da a razón, je je. Como me gusta a ironía ben entendida. Pero eu aplicaría o conto a ámbolos dous sexos. Porque iso de que homes e mulleres poidamos ser amigos ……. Uff, non digo eu que non, pero en casos moi contados. Porque se o outro che atrae, sempre vas querer algo máis, iso de so amigos sempre che vai saber a pouco. Por iso o mellor para ser amiga dun home, é que sexa feo!!! (je je je). Anda que vos non diredes o mesmo.

Alvariño dijo...

Goethe parece que sabe do que está a falar. Goethe tíñao moi claro, eu non tanto. Non sei a razón pero dubido das verdades absolutas, irrefutables. Todo cambia, ou case todo cambia, ou, pode suceder o contrario, ó mellor cambia soamente a época e o verdadeiramente importante sempre é igual. Non sei. Hoxe non estou moi inspirado, tendes que perdoar. Venme a cabeza o dito dos pementos de Padrón, uns pican e outros non. Non sei porque relaciono a frase de Goethe cos pementos de Padrón. Son verdes, pequenos, brillantes, aparentemente iguais, pero uns pican e outros non. Aparentemente iguales pero asombrosamente diferentes no padal. Non sei porque se me antolla que as persoas somos coma os pementos de Padrón, non creo que se poida esperar que todos seamos iguais. O amor e a amistade teñen como denominador común o cariño. Cando se mesturan os conceptos amistade e amor xa se fastidia todo, ou non, depende. Nuns casos si e noutros non. Dependerá de cada caso particular. Gustaríame saber onde está a fronteira entre ámbolos dous territorios. Non sei si será un fronteira fixa, ríxida, inamovible ou será moito máis difusa. Non sei si se poderá xogar no mesmo límite sen que pase nada ou non, si se poderá cruzar sen medo ou se fará falta un salvoconducto. Teño demasiadas dúbidas, é o que ten reflexionar. Éche mellor ser simple, afórraste un montón de complicacións. Penso que todo é aceptable mentres ninguén sufra, mentres non haxa mentiras nin enganos.

Julio Torres dijo...

A amistad pode existir, e ser moi boa, entre un home e unha muller sen necesidade de chegar a ser parella. Se se teñen claras as cousas non ten porque confundirse. Certo é que ás veces moitos amigos ou amigas podan, por algunha das dúas partes, querer ser algo máis amigos....Porque se os dous o teñen claro, non existe problema.

Eu teño boas amigas, persoas encantadora e fantásticas que valen moito a pena e non por iso me prantexo que sexan a miña parella, sexan ou non guapas ou feas porque para enamorarte dunha muller non so conta o físico (aínda que sexa o primeiro que nos atraia).

Non obstante, confeso que é un tema complicado o da amizade e o amor....

Anónimo dijo...

É complicado cando a outra persoa non sinte o mesmo, tamén pode ser algo maravilloso. En fin, ás veces hai que aplicar o dito de "auga que non has de beber deixaa correr". É unha cuestión de supervivencia, emocional. Parece sinxelo, pero é moi difícil: o amor doe.

María dijo...

Gústame este último post. Non quere dicir que os outros non, pero está interesting este. Lástima que me teña que referir o noso/ amigo/a como anónimo, porque anónimos hay tantos e tantas ...... pero gústame. Gústame o de aplicar o dito ese a esta situación en concreto, e gústame aínda máis a frase esa de qeu "é unha cuestión de supervivencia emocional". Se souberamos a quen atribuirlla igual podías publicala no apartado ese das citas eh Julio. En serio, da que pensar esa frase. Para acabar so un matiz, eu non diría que o amor doe, diría que sentir doe, que igual parece o mesmo, pero non o é exactamente. Pero eso xa sería cuestión de outro post.