domingo, 22 de maio de 2011

** Consulta tódolos resultados das eleccións municipais 2011

Déixovos o enlace para consultar os resultados das eleccións municipais 2011(e das autonómicas nas 13 comunidades onde se celebran). Tamén dispón dos resultados finais de tódalas eleccións desde o ano 1987.

RESULTADOS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2011. Click aquí para ver

venres, 20 de maio de 2011

** Para reflexionar mañán coa axuda do humor de DAVILA











TODAS ESTAS VIÑETAS FORON FEITAS POLO GRAN MAGO DO HUMOR GRÁFICO GALEGO LUIS DAVILA. Sempre da no allo. Un crack.

martes, 17 de maio de 2011

** No Día das Letras Galegas: frase e reflexións


"É feliz o que soñando, morre. Desgraciado o que morre sen soñar"



Rosalía de Castro



.....................................................................................................................................


SANXENXO. Julio Torres




O ugallá que o Día das Letras Galegas fora non so un, senón máis. Non pola celebración, senón polo que supón. Mellor nos iría. Se non mimamos o noso idioma galego, é imposible que se faga forte e medre, máis ben collerá anemía de non comer e, se non se coida, acabará esmorecendo silenciosa e paseniñamente, sen apenas darnos conta...Xa non digo que falemos todo o día en galego, ¿pero por que non se usa máis? ¿Pervive aínda o complexo de inferioridade? ¿Que ten o castellano que non teña o galego?

Fdo: un galego-castrapo falante, un idioma máis enxebre que o galego de laboratorio que uns pouquiñ@s "iluminad@s" fabrican ó seu antollo para dicirnos cómo nomear palabras que ninguén galego falante de toda a vida nunca, nunca, nunca empregou. Exemplos hai moitos. Pensade en palabras que soan raras e que ningún galego de ningún pobo usou endexamais. Xa sei que se fixo unha normativación do galego, pero con tantos cambios constantemente o que se fai é confundir á xente que no colexio aprendeu unha cousa e anos máis tarde xa mudou (palabra ou normas), polo que acaba optando por usar o castelán que ten menos cambios "estructurais". Servidor sempre falou galego castrapo. Sempre, e sempre o seguirei falando. Non domino o normativo, nin moito menos. Entendo a súa necesidade, pero non a comparto, porque coido que contribuiu máis a confundir que a unificar.

Opinión persoal. Eu mesmo dubido de moitas palabras e estructuras que aprendín no colexio ou non instituto. Non por iso deixo de usar o galego castrapo, o galego do pobo, o galego auténtico. Estará contaminado polo castelán, seguro, pero é máis natural que o galego de laboratorio que se inventan. Hai palabras que son mesmamente arrepiantes de pronunciar e casi ridículas e moitos e moitas entenderedes. Doutra parte é penoso o galego usado na Radio e Tv de Galicia. Non sei se é por os seus lingüistas (palabras estrambóticas) ou polo pouco que, en realidade, falan galego os seus presentadores . O erro máis común destes últimos é trabucarse en antepoñer ou pospoñer os pronomes nas frases . ¿Exemplos) "Se vai facer de noite a este ritmo" (en lugar de dicir, "vaise facer de noite a este ritmo", ou "O presidente se reuniu onte cos empresarios" (en lugar de o presidente reuniuse cos empresarios). Un presentador que habitualmente fala castelán (e hai bastantes casos na CRTVG), que non sabe as normas relativas ás preposicións do galego e que so usa o galego para presentar, o que fai é confundir a unha poboación xa de por sí confundida con tantos cambios nun idioma que cada día pensa que xa non é o seu...


Termino: son máis partidario do galego castrapo -que é o galego do pobo, o que utiliza a xente que non é castelán falante- que o artificial e mal empregado (demasiadas veces) inventado polos "estudiosos do idioma". Con todo, prefiro este último que pasarme ó castelán. Pero, por favor, cando menos ¡¡¡¡¡PRESENTADORES E PRESENTADORAS da Radio e Televisión de Galicia, aprendede a usar ben os pronomes no galego QUE XA TARDADES, e logo aínda confundides máis á poboación que chega a crer que tamén mudou a norma dos pronomes e, non obstante, segue igual coa galego normativo!!!!! ¡Deixade de ser @s verdadeir@s "pechacancelas" (termo que usan para referirse ó último clasificado nalgunha competición) do noso idioma, que so o empregades para o "saque desde o curruncho" (ou de esquina cando retransmiten un partido de fútbol) cando traballades.

venres, 13 de maio de 2011

** Reflexións e esperanzas dun día de primavera


SANXENXO. Julio Torres

N os últimos días pasaron moitas cousas, unhas tristes e outras alegres, como a vida mesma.

Unhas negativas como o terremoto de Lorca. Neste senso aínda lembro, por certo, dos que aconteceran en Santiago de Compostela en 1997, se ben de moita menos intensidade e sen víctimas nin danos materiais. Ou a morte do mítico golfista español Severiano Ballesteros.

Outras positivas: Unha delas o título da Liga 2011 do F.C.Barcelona. Un xusto premio na Liga da regularidade. A ver se temos sorte e gañamos a Champions fronte ó Manchester United, no que será repetir a final de 2009. Daquela gañaramos ¿2-0? e comodamente. Este ano non vai ser nada pero que nada fácil. A ver se hai sorte, porque merecementos teñen os dous equipos.

Hainas que non sei catalogalas de positivas ou de negativas. O tempo e o destino será o que dicte sentencia. Espero que sexan para ben. En bastantes cousas precísanse cambios, pero cambios de verdade...Que xa tocan!!! Iso sí, que no deportes continúen os triunfos e o bo xogo do F.C.Barcelona (e que Celta de Vigo e Deportivo de A Coruña volten a coincidir a temporada 2011-12 en primeira división. Non entendo porque non se poden desexar os triunfos dos dous aínda que sexan dun ou ou doutro. A min gústanme que gañen sempre os dous, aínda que, loxicamente, cando xogan entre eles, quero que gañe o Celta, coma outros preferirán que gañe o Deportivo, pero a rivalidade so debería existir cando xogan entre eles, e ser en todo caso deportiva. Pero iso so é deporte...Hai cousas máis importantes que o deporte).

Outras non cambian: pódovos asegurar que teño moitas cousas das que quero escribir, pero -xa o sabedes @s que me coñecedes ben- hai prioridades. E, por desgracia, o blog non é nin moito menos a prioritaria. Toca ter paciencia...

Afortunadamente estamos na primavera. É a estación que me encanta. Días moi longos, lonxe daqueles minidías de sol de decembro...E estes días o sol e as altas temperaturas fan acto de presencia. Ben!!

Van ser días de reflexión, de toma de decisións, de esperas, de riscos, de cambios, de paciencia, de nostalxia, de moita ilusión renovada, de esperanza, de moita esperanza e agardo que de alegría, de moita alegría e felicidade...Toco madeira. Como ben di Vega na súa canción "Mañana mejor" (¿ou era "Mejor mañana"?, bueno, neste caso o orden de factores non alteraría o producto). Iso agardo. Ougallá se cumpran varios desexos e esperanzas que teño. Ougallá, pero non so dependen de min...Non so de min...