mércores, 31 de decembro de 2008

** Unha guerra con bo sabor de boca

Non, non, non me voltei tolo. Por suposto estou en contra de calquera guerra porque son inhumanas e interesadas. Ademais sempre pagan xustos por pecadores. O último exemplo en pleno Nadal e nun país con fondo raíces bíblicas, paradoxicamente. Parece mentira...

Pero hoxe quería falar dunha guerra dóce, "dulce" que se diría en castelán. ¿Contradictorio? Pode ser, pero seguro que o entenderedes perfectamente coa viñeta do xenial debuxante de humor gráfico J.R.Mora. Dito o cal xa suporedes que a cousa vai relacionada co humor. Unha boa forma de despedir un ano 2008 repleto de violencia. Oxalá tódalas violencias e guerras foran as que se ilustran na seguinte viñeta. ¡¡Que aproveite!! Xa se me fai a boca auga...

domingo, 28 de decembro de 2008

** MÚSICA: Dous cantantes que triunfaron en 1988

Eros Ramazzotti e Glenn Medeiros triunfaban a finais do 88 con sendos temas musicais. Os dous de temática romántica. Un vinteañeiro italiano con nome de deus, Eros Ramazzotti, empezaba a ser coñecido en España gracias a aquela inolvidable canción "Nada sin ti". Pola súa parte, un xoven hawaiano, Glenn Medeiros, saltou á fama polo "Nothing's Gonna Change My Love For You", da cal faría pouco despois a versión en castelán "Nada cambiará mi amor por ti".

O éxito de Eros foi crecendo. Vinte anos despois segue na música. En 2007 quitou o seu último álbum no que destacou un tema que canta a dúo con Ricky Martin "No estamos solos". Pola contra, Glenn Medeiros abandoou a música pola docencia. Exerce como profesor de Historia nun instituto de Hawai. Na música so deixou un par de éxitos, un deles foi o antes citado e que foi o que lle deu fama mundial.

¿Lembrádevos destes dous temas musicais de finais dos 80? ¿Que lembranzas vos traen? A min moi boas...


EROS RAMAZZOTTI "Nada sin ti"



GLENN MEDEIROS "Nothing's Gonna Change My Love For You"



UN ARTIGO-OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica

mércores, 24 de decembro de 2008

** UNHA LEMBRANZA E VARIOS DESEXOS

Xa é día 24 un ano máis. Deséxovos, de todo corazón, unha moi Feliz Noiteboa, Feliz Navidad, Feliz despedida de ano, e que teñades un moi Feliz e exitoso 2009. Ah, e que os Reis Magos vos deixen moita saúde, amor e traballo. O resto é consumismo puro e duro, cousas superfluas ou menos necesarias.

Colaboradores e lectores de A Lareira Máxica, gracias polas particípacións ou visitas no blog durante este 2008. Agardo seguir contando coa vosa presencia no 2009. Sen tod@s vós, este blog non sería o mesmo. Faltaría a peza máis importante.



JULIO TORRES
Coordinador de A Lareira Máxica

domingo, 21 de decembro de 2008

** Xa hai 25 anos daquel "milagro" futbolístico...

Se falamos de Francia non podemos olvidarnos da Torre Eiffel. Se os nosos pensamentos se centran en Italia, a Torre de Pisa, Roma ou Venecia debúxanse na cabeza. Se nos referimos a Londres, o Big Ben sempre estará presente... ¿E se o país en cuestión é Malta? Pois aquí non hai monumento que valga... Do primeiro que nos acordaremos, especialmente se nos gusta o fútbol, é da malleira que a selección española lle endosou a de Malta (12-1) no estadio Benito Villamarín de Sevilla (hoxe rebautizado como estadio Ruíz de Lopera), nun día coma hoxe hai 25 anos: un 21 de decembro do ano 1983. O partido era clasificatoria para xogar a Eurocopa de Fútbol de Francia do ano 1984 (na que por certo quedamos segundos, logo de perder coa Francia de Platini na final).

Precisabamos gañarlle a Malta por 11 goles de diferencia para obter o pasaporte para a Eurocopa. Soaba a milagro pero acadouse. Moitos hoxe aínda se preguntan se houbo "tongo" ou foi un triunfo limpo. Quero pensar que foi isto último. A xesta lembrarase sempre no fútbol español. Por certo, a clasificación española deixou fóra a selección de Holanda.
Era a España adestrada por Miguel Muñoz e na que xogaron Buyo, Camacho, Maceda (2 goles), Goicoechea, Señor (1 gol -o doceavo-), Víctor, Gordillo, Sarabia (1 gol), Carrasco, Rincón (4 goles) e Santillana (4 goles). Marcos Alonso entraría nos últimos minutos sustituíndo a Rincón. Máis información do partido aquí.
E como as imaxes falan por sí soas....

E ¿alguén se lembra desta cortinilla que usaba TVE para dar paso á retransmisións dos partidos de fútbol daqueles anos? Vaites, ¡¡ cómo pasa o tempo !!




UN ARTIGO FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica