mércores, 28 de febreiro de 2007

** Un neno DE MOITO PESO....

¿A onde imos chegar a este paso? A noticia foi hoxe a comidilla de tódolos medios de comunicación: un neno de 8 anos de idade inglés que pesa 89 kilos, nada máis e nada menos. No seu país prantexouse incluso retirarlle a custodia á nai do menor porque o neno non coida a súa alimentación. Cada día a comida basura gaña terreo en detrimento da alimentación sana.... ¿Que será do neno dentro de 20 anos? ¿A onde imos chegar a este paso?¿Que opinades? ¿De que é a culpa? ¿Que se debería facer neste caso concreto?

** Apocalypto: Unha peli de obrigada visión

O meu reencontro co cine foi hai cousa dun mes, aproximdamente, vendo esta peli. Lera as críticas que dela se facían. Moi boas. Asustábame o feito de que nela tivesen lugar sacrificios humanos....E hainos. Abofé que sí. Non sei por onde empezar. Tentarei ser breve e sintético, porque poderia falar bastante.

A película está dirixida por Mel Gibson. Dura case dúas horas e cuarto, aínda que nos folletos e xornais diga 139 minutos, apenas chega os 130. Os seus protagonista son Rudy Youngblood, Dalia Hernández -moi guapa- e Jonathan Brewer.

Rodada en varios lugares de México, sitúase temporalmente na civilización maya, antes da chegada dos primeiros colonizadores. Relata o drama dun pobo asoballado por outro que practica os sacrificios humanos en ofrenda ós deuses (os "mayas"). Está repleta de sentimentos, moito drama (cun oco para o humor) e acción moita acción. Ata o final un non debe despistarse o máis mínimo. E as veces o aparente non o é tanto...Ve-lo Artigo completo....


Moitos dos actores son indíxenas de verdade, e música e os movementos raudos e veloces da cámara sabe cautivar e manter a emoción e a tensión do espectador que asiste atónito a unha persecución infernal e interminable.

A morte crúzase de forma voraz e inxusta no transcurso da película, que alcance o seu punto máis cruel nos sacrificios e decapitacións. Escenas que poñen a pel de galiña. Tanto que parece tan real como a vida mesma.

O que poidera parecer un problema: os diálogos son todos en maya yucateco, non o son ya que se pode seguir moi ben a traducción deste mediante subtítulos. É tan fácil mergurllarse no argumento que non te chegas a dar conta que empregan unha lingua primitiva e que non están falando en ningún idioma actual.

Por último, destacar a fermosura das cataratas que aparecen ó longo da trama e que a peli tamén colleitou críticas por parte de certos colectivos que non está dacordo cómo se tratou o seu contido.

Conclúo: Moi boa película de Mel Gibson, que suscitara tanta polémica xa con "La Pasión de Cristo". Vale a pena vela, e pesar da atrocidade dos sacrificios humanos (sempre se pode desviar a vista nese intre). Moi recomendada.Desas que crean aficción pola gran pantalla.





OPINIÓN CINEMATOGRÁFICA feita por: Julio

** A Frase Máxica......5 co amor de por medio

-->"Non toda distancia é ausencia nin todo silencio é olvido"
-->"Se houbo un verdadeiro amor, xamais haberá un verdadeiro olvido: o sentimento perdurará para sempre no corazón"
-->" A curta ausencia aviva o amor, a longa mátao. O que non se sabe é que tan longa ou curta debe ser "
--> "Amar na distancia so é posible cando se fai de maneira sincera, clara e sen dúbidas, do contrario enterralo en vez de cultivalo"
--> "No amor tres persoas son multitude, pero unha é insuficiente"

martes, 27 de febreiro de 2007

** A Frase Máxica............Que razón leva!!

“Mentras máis admirado sexas, máis xulgado e criticado serás, xa que a xente mediocre nunca é xulgada nin criticada” (Ricardo González )
Y en español se dice...
“Mientras más admirado seas, más juzgado y criticado serás, ya que la gente mediocre nunca es juzagada ni criticada” (Ricardo González)