domingo, 27 de agosto de 2006

** Película: Listos para cortar!!!


Cada día faise máis difícil ver unha película na "caixa tonta" que representa a t.v. Xa non o digo pola máis que preocupante calidade dos títulos que se ofrecen nin polas repetidas reposicións. Neste caso quero referirme ó difícil que é ver unha boa película e facelo navegando no medio de tanto anuncio. Amais hai outras cuestións que me fastidian moito: facer cortes "á machada" para dar paso á publicidade, así como non respetar para nada os títulos de crédito finais das películas proxectadas...



Non é algo novo, senón que xa se ven producindo desde hai moitos anos, pero desde hai unha tempada para aquí a cousa acrecentouse,se cabe, un pouco máis. Ó meu parecer as canles deberían apostar por títulos de calidade, facer pausas de publicidade axeitadas tanto en calidade como en cantidade, e respetar os títulos de crédito finais (eses que nos falan de tódalas persoas que fixeron posible o filme e outras cuestións como coñecer de quen é a música, por exemplo).

Cando me refiro á cantidade e calidade das pausas refírome a:
** Cantidade: Non abusar de excesivos cortes publicitarios e da duración dos mesmos. Creo lembrar que xa bastantes anos aprobarase unha normativa europea que establecía as t.v´s so a posibilide de facer unha pausa de 15 minutos cada hora. Na práctica non se está a cumprir.

** Calidade: Facer os cortes aproveitando os espacios negros das secuencias das películas (imaxes negras que existen no vídeo da película e que están pensados para non cortar, precisamente, a película de calquera xeito). Calquera día veremos unha situación parecida: "¿Queres casarte conmigo'"//publicidade de 18 minutos//Desenlace da pregunta acerca do matrimonio.......Non vos riades que vai ser verdade, e logo diranche por riba que a contestación de tamaño pregunta está patrocinada por unha prestixiosa marca....


Outro dos aspectos que me cabrea e que tan pronto que aparecen os créditos finais as diferentes t.v.´s xa os cortan. Se algunha os deixa ata os 10 segundos creo que é todo un récord. Miren señores directores das canles: neses créditos hai informacións moi interesantes sobre a película que acabamos de presenciar: protagonistas ou música entre outros. A maioría da xente seguro que éste é o aspecto que menos importancia lle dea, pero non se debería. É como cortarlle as alas a unha galiña alegando que total non é as necesita porque non voa polo ceo. ¿Imxinádevos unha galiña sen ás???


O peor de todo é que todo isto é unha práctica que comenzaron as televisión privadas nos anos 90 (TELECINCO E ANTENA 3) e que nos últimos anos tamén empezaron a facer as públicas (véxas TVE E AUTONÓMICAS). Hoxendía na non hai diferencia entre públicas e privadas en canto a estas prácticas, ós cortes de publicidade ou, mesmo, ós espacios patrocinados.

Debería facerse unha normativa que proíba estas prácticas das canles que afectan á toda a programción en xeral, e as películas en particular. E se xa existe, facela cumprir.

Podería seguir falando e falando do tema, pero outra vez será.

Carpe Diem

NOTA: A cortinilla de corte de publicidade que puxen de TELE5 foi a que usou nos seus principios alá por 1990.

venres, 25 de agosto de 2006

** Coleccións e máis coleccións

E a comidilla de tódolos anos. Desde finais de agosto podemos ver na na caixa "tonta" todo tipo de anuncios de coleccións: cursos de inglés, trens e coches en miniaturas, bonecas, series de t.v. ou debuxos animados, e moitos máis. Hoxe vin en menos de media hora 3 ou 4 catros destas coleccións distintas. Incluso hai unha de pezas dun reloj de cuco. O que non venda o markéting...
O curioso é que as estatísisticas din que a gran maioría dos que inician unha colección destas so mercan as primeiras entregas e logo non as rematan. Moita culpa de todo isto pode ser que as primeiras teñen un precio menor. Todo sexa para cautivar...

Pero ano tras ano repítense os mesmos artículos. Pouco varían. Os últimos anos vexo que, as editoriais e outras empresas que se adican a estas cousas, empezan a sacar coleccións no Nadal ou nas Rebaixas de Xaneiro ou nalgunha outra. Como di o famoso dito: "Eramos poucos e pariu a avoa", con perdón.


A min a que me interesa é a dos "mocos de pavo". Namentres non saia, non penso mercar as outras. Onde se poña un bo "moco de pavo" que se quite ó resto.....
Dáme que todas estas coleccións teñen un efecto e gancho psicolóxico para as persoas. Non deixa de ser curioso que sexa ó final das vacacións de verán, coincidindo cun novo curso escolar, académico, .... cheo de novos proxectos e intencións. O mismiño que cada Xaneiro. De aí que tamén se empecen á vender todos estes "inventos" ó mes de xaneiro.

¿Terá que ver algo a famosa "depresión postvacacional" en todo este marketing cheo de consumismo". Non sei, a min máis que deprimirme abúrreme e ata odio tantos coleccionables absurdos... Amais, as miñas vacacións empezaran xusto en setembro....Por certo, xa falta menos.

Desde aquí, e para @s amantes coleccionistas de despedidas, envíovos o meu de sempre:

CARPE DIEM


NOTA: Podían ter un pouco máis de tacto os que sacan o do coleccionable dos trens antigos, xusto agora que se produciu tan fatal accidente con mortos en Palencia. Xa sei que xa estaba proxectado e que é un negocio para o empresario, pero podían remedialo dalgún xeito ou, cando menos, retrasar o "relanzamento" desta "imprescindible e vital" colección de trens.

luns, 21 de agosto de 2006

** Traxedia ferroviaria en Palencia



Logo duns días sen escribir, ía contarvos hoxe a miña opinión sobre a viaxe ás Illas Ons, pero a actualidade motivou un cambio. E é que non gañamos para desgracias. O tren que une Galicia co País Vasco descarrilou esta tarde en Palencia. Morreron 6 persoas e hai outras 2 moi graves e outras moitas graves ou leves. A Ministra de Fomento confirmou que o exceso de velocidade do tren foi a causa do descarrilamento.
(...)
Unha gran mágoa. Outra máis. Pero o dos trens ten delito. O raro, como dixeron moitas persoas logo da traxedia e que non teñan pasado máis traxedias iguais. Menos mal que non foi así.


Hai que facerse moitas preguntas. Desgraciadamente sempre se fan cando pasou unha desgracia e non antes. Tivo que acontecer este accidente e morrer 6 persoas (espero que o número non medre) para que salgan á luz pública os temores que moit@s temos. ¿De que falo? Falo, entre outras, de tres cuestións. O retraso dos trens, que fai que logo corran como tolos tentando recuperar o tempo perdido e, en segundo lugar, os vellos que están os trens (de curto e longo percorrido) e, como non, a necesidade de máis e mellores vías de tren (vías dobres,...).


Como estudiante, fun viaxeiro do tren Vigo-A Coruña varios anos. Ríame cando RENFE dicía que algo así como "sólo 2 de cada 100 trenes llegan con retraso". ¿A quen querían enganar? ¿Acaso os trens que chegaban con retraso eran sempre os que collía sevidor? Menudo cinismo que se gastaban e gastan os de RENFE!!!!!


Unha vez recordo que, como era norma habitual, uniran dous trens. De Santiago a Vilagarcía pararan varias veces. Non se sabía moi ben porque, ata que chegou á Portas e xa non puido continuar máis porque se averiara. Afortundamente non houbo ningunha desgracia humana, so unha avería técnica no "cacharro"


Non se pode consentir e tragar con trens anticuados, incómodos, vías que dan pena, retraros constantes e maquinistas suicidadas. Logo pasa o que pasa.Podería seguir falando, pero creo que os que viaxaron algunha vez de forma regular nos trens me entenderánn perfectamente e sobran comentarios logo do xa exposto.


Desde aquí o meu pésame ás familias das víctimas. Animalas a que lle pidan responsabilidades de todo tipo a RENFE. Porque tenas que haber e grandes. Non se pode tolerar que nun dos medios de comunicación máis seguros acontezan este tipo de accidentes, sobre todo cando a culpa a ten a velocidade excesiva derivada dun retraso do tren. Retasos que, por outro lado, acontecen a cotío e non excepcionalmente.

NOTA: Colguei algunhas fotos da catástrofe, sacadas de internet que, por desgracia, son arrepiantes e meten medo so velas.

martes, 15 de agosto de 2006

** As gaivotas: animais peculiares

Para min as gaivotas son unhas aves singulares. Xa sei que todas a son. Pero este paxaro é unha mezcla dunha pomba cun pato. O do pato tanto pola súa lonxitude como polo pico. Outros poderían establecer algunha outra semellanza... Son uns animais que despertan en min un sentimento ambivalente. Vexamos todo isto en profundidade

De sempre, ver voar ás gaivotas gustoume. Ilustran cos seus vos un ceo, enchendo de sonido e ambiente os pobos e cidades costeiras, aquelas onde se pode adiviñar o mar ó seu carón. Sentir unha gaivota é sinónimo de que o mar está moi preto, senón xusto embaixo.

A TVG adoptou nos seus anos,
hai 21 anos, unha gaivota na súa carta de axuste, e tamén foi o xérmolo do seu logotipo. Orixinariamente era unha pomba recollida. Hoxe xa non sei qué dicir. A gaivota é unha ave mariñeira, como gran parte dos pobos de Galicia, especialmente os das provincias de Coruña e Pontevedra.

Ata aquí todo ben. Ver voar ás gaivotas e escoitala ata pode relaxar (ou non, según como se vexa e como se sexa. Permítidime exercer de galego).

Pero a gaivota ten a súa vertiente negativa. É un animal carroñeiro, que se alimenta de desperdicios e outras cousas innombrables. Non sei como teñen tan bo aspecto por fóra sabendo de qué se alimentan....

Se alguén de vós foi, ou pensa ir, ás Illas Ons, nun dos estremos das Illas (o que está máis preto de O Grove ou da Lanzada, para que me entendades) hai un auténtico cementario clandestino de gaivotas. É un lugar onde morren ou van morrer. Cando tiven a oportunidade de velo, non me gustou nada. Non é que sexa para tanto, pero unhas cantas decenas de gaivotas si vin.

Se estás na praia, estas aves non se cortan en acercarse a ti. Aterrizan e pasean sen complexos, e van mirando de fronte en busca de algo que comer -supoño-. Unha mirada que desconcerta. Prefiro á das pombas, que son máis bonitas e non son carroñeras. Amais, soen ir en grupo, camiñando con paso firme, cual matonas...

No final do verán, é cando se atreven a toma-la praia, aínda que calquera día de verán a iso das 9 en diante, tamén toman o relevo dos turistas.


En definitiva, as gaivotas gústame velas no ceo, aínda a pesar de que tamén che meten varias cagadas que se apuntan ben, pois sen comentarios. Iso son gajes da vida, porque tamén fai o mesmo as pombas.

Non obstante, non me gusta velas na terra, chámese praia, por exemplo. Todos coñecedes o famoso dito popular aquel que se refire a unha persoa cando se ve na t.v.e cando se ve en persoa, cando se solta algo asi como "eres máis guap@ en persoa que na t.v.". Pois coas gaivotas ó revés. Prefíroas ver voando, que en "animal presente" (o equivalente animal de "en persoa") porque de preto desmerecen moito moitísimo....

É un simple comentario e paranoia miña.

Carpe Diem