sábado, 2 de agosto de 2014

** ¿Despiste natural?

Laura Pausini sae dar un concerto en bata (¿e iso?. A bata rebelde ábrese de vez en cando, pero a cousa non vai máis aló, ata que nos últimos segundos da actuación a cantante sube por uns escalóns, da a reviravolta e amosa por uns intres a parte inferior do seu corpo espida... Pouco depois ó tentar pechala volta a abrila e de novo pode observarse a súa parte inferior dianteira núa... Laura resolve todo dicindo "si han visto, han visto. Yo la tengo como todas".

Con todo, aquela escena de fin de ano do ano 1987 na que Sabrina nos amosou un peito que non puido ser contido polo suxeitador foi máis impactante... Ou iso penso. Por certo, as dúas son italianas.¡Que casualidade!...




.........................................................
Julio Torres

venres, 1 de agosto de 2014

** A Frase Máxica....Sorría por favor!!

xoves, 31 de xullo de 2014

** ¿Quen ten o mando?

J. R. Mora deu no cravo debuxando esta viñeta de humor. Xa ten un tempo (cando antes do verán pecharon 9 canais da TDT) pero non deixa de ser actual. As tornas non sempre son o que parecen e nesta imaxe reflíctese de xeito maxistral. So resta por preguntar: en realidade ¿quen ten o mando?...

Lembrade que podedes acceder á bitácora de humor gráfico de J.R.Mora a través de "A Eira dos Blogs" en A Lareira Máxica. Visita moi aconsellable ó seu blog.
...............................
Julio Torres

mércores, 30 de xullo de 2014

** Modernidade melodiosa

O móbil soa unha e outra vez. Unha música celestial emana do trebello electrónico. Resístese a consultalo baixo pena de afogar aquela fermosa canción. Finalmente sucumbe á curiosidade de coñecer que mensaxe se agochaba detrás do ton melodioso. Silencio. O whatsapp revélase alegre e agarimoso. O sorriso non se fai agardar e o efecto é recíproco. Felicidade. Verbas, frases e moitos emoticonos mesturados. Modernidade conquistada. Lonxe quedan as cabinas insaciables de moedas con ringleiras de xente facendo cola. Máis preto unha interacción virtual. Modernidade actual versus romanticismo pre-tecnolóxico pasado.

...........................................................
Julio Torres