** A Lareira Máxica celebra o seu 7º aniversario
SANXENXO. Julio Torres
Recordo que tal día coma hoxe hai xusto 7 anos decidín crear A Lareira Máxica e publiquei o seu primeiro artigo. Lembro que o que máis me levou foi buscarlle un nome. Tiña claro que tiña que ser algo máxico, polo que a palabra "máxica" non ofrecía dúbidas. O da Lareira pasou a criba entre outras posibilidades que se me ocurriran naquela tarde. Finalmente decidinme por "A Lareira Máxica" porque buscaba un sitio no que escribir o que quixera e que outras poideran facer o mesmo no meu sitio web. E pensei naquelas lareira ou chemineas que había antes, nas que se contaban historias ó redor do lume que desprendía e que servía tamén para quentarse. Coido que, 7 anos despois, o nome foi o acertado.
É un pracer que nos lea e siga tanta xente de tantos países como reflicten as estadísticas da páxina, en especial de España, varios países europeos e bastantes americanos. A Lareira Máxica non sería nada sen tódol@s colaboradores/as que nalgún momento escribiron artigos aquí (ver na columna da dereita na etiqueta "temas") e a todas esas persoas que nos deixan comentarios nos artigos. Uns e outros son recibidos con moita alegría pois fan que A Lareira Máxica sexa interactiva e se retroalimente xerando vida.

Son 7 anos dun ilusionante proxecto feito realidade. Seguindo aquela comparación d@ cativ@ que empecei a utilizar no primeiro aniversario, hoxe ese cativ@ vai facer a primeira comunión e segue medrendo. Agardo que por moito tempo máis.
Nos vindeiros meses xurdirá algunha que outra nova sección en A Lareira Máxica, algunha delas moi enraízada con Galicia, así como outras novidades que, se a teconoloxía mo permite, espero poder implementar. Aproveito para recomendarvos os enlaces que tedes na columna da esquerda e que cada certo tempo vou modificando, procurando poñer bastantes que non son tan coñecidos.
Nada máis, so quixera dicirvos unha última cousa, pero aproveitei a visita que nos fixo un americano moi coñecido (por certo, EE.UU. e o segundo pais do que máis visitas recibimos) quen veu visitar as "macro-instalacións" de A Lareira Máxica para transmitirvos unha última mensaxe.
.gif)




