mércores, 1 de maio de 2013

** A Lareira Máxica celebra o seu 7º aniversario


SANXENXO. Julio Torres

Recordo que tal día coma hoxe hai xusto 7 anos decidín crear A Lareira Máxica e publiquei o seu primeiro artigo. Lembro que o que máis me levou foi buscarlle un nome. Tiña claro que tiña que ser algo máxico, polo que a palabra "máxica" non ofrecía dúbidas. O da Lareira pasou a criba entre outras posibilidades que se me ocurriran naquela tarde. Finalmente decidinme por "A Lareira Máxica" porque buscaba un sitio no que escribir o que quixera e que outras poideran facer o mesmo no meu sitio web. E pensei naquelas lareira ou chemineas que había antes, nas que se contaban historias ó redor do lume que desprendía e que servía tamén para quentarse. Coido que, 7 anos despois, o nome foi o acertado.

É un pracer que nos lea e siga tanta xente de tantos países como reflicten as estadísticas da páxina, en especial de España, varios países europeos e bastantes americanos. A Lareira Máxica non sería nada sen tódol@s colaboradores/as que nalgún momento escribiron artigos aquí (ver na columna da dereita na etiqueta "temas") e a todas esas persoas que nos deixan comentarios nos artigos. Uns e outros son recibidos con moita alegría pois fan que A Lareira Máxica sexa interactiva e se retroalimente xerando vida.


Son 7 anos dun ilusionante proxecto feito realidade. Seguindo aquela comparación d@ cativ@ que empecei a utilizar no primeiro aniversario, hoxe ese cativ@ vai facer a primeira comunión e segue medrendo. Agardo que por moito tempo máis.

Nos vindeiros meses xurdirá algunha que outra nova sección en A Lareira Máxica, algunha delas moi enraízada con Galicia, así como outras novidades que, se a teconoloxía mo permite, espero poder implementar. Aproveito para recomendarvos os enlaces que tedes na columna da esquerda e que cada certo tempo vou modificando, procurando poñer bastantes que non son tan coñecidos.

Nada máis, so quixera dicirvos unha última cousa, pero aproveitei a visita que nos fixo un americano moi coñecido (por certo, EE.UU. e o segundo pais do que máis visitas recibimos) quen veu visitar as "macro-instalacións" de A Lareira Máxica para transmitirvos unha última mensaxe.





martes, 30 de abril de 2013

** Raios de Sol: ¿Canción do verán en Galicia?


SANXENXO. Julio Torres

Esta canción do dúo humorístico galego Mucha & Nucha seguramente non vaia ser a canción do verán pero ten ritmo así como unha música e letra pegadiza. Todo ilo aderezado coa refrescante dose de humor á que nos teñen acostumbrados José Antonio Touriñán e Marcos Pereiro. Cada día supéranse. Uns cracks estes dous xenios do humor galego.


luns, 29 de abril de 2013

** ¡¡Hoxe luns, por fin é xoves!!

Non me trabuquei. Esta semana é atípica, tanto que temos dous xoves e dous venres. Isto é o que pasa cando un mércores é festivo, como sucede estes días. O luns, hoxe, é un luns poseído polo espíritu do xoves, e o venres disfrazáse a principios de semana de martes, para logo, pasado o particular "miércoles de ceniza", voltar o xoves a vir en xoves e o venres en venres. Vamos que os lunes son menos luns vistos desta maneira. Incluso se podería afinar é dicir que nesta semana hai dous xoves, dous venres, un luns e un martes. Outro xeito de velo é dicir que esta semana non ten máis que luns e venres...Todo depende de cómo se vexa o vaso...Xa faltan menos para o mini-fin de semana de un día.


** ¡¡¡Qué vienen los alemanes!!!