domingo, 30 de decembro de 2012

** "Cuéntame" regresa este xoves con novos capítulos


SANXENXO. Julio Torres

O vindeiro xoves 3 de xaneiro de 2013 TVE emitirá a nova tempada da serie "Cuéntame...", a 14ª que este ano percorrerá o ano 1981 (co intento de golpe de Estado do 23-F incluido). E como ven sendo habitual nas últimas tempadas, unha nova versión da homónima canción "Cuéntame" servirá de sintonía de cabeceira. Desta vez será o cantante Miguel Bosé o que a interpretará. A min particularmente gustábame máis a inicial que corría a cargo de Ana Belén, se ben a de Pitingo tamén me agradaba. Non sei se tanta versión da mesma canción é bo ou non, pero sí permite facer comparacións (odiosas, como sempre) entre diferentes cantantes e estilo de música.

Velaquí un avance tanto da sintonía como dalgunhas escenas:



P.D.: Segue sen gustarme nada, logo de tres publicacións, o novo Blogger. Non permite respetar os puntos e aparte sen ter que introducir manualmente código html pois no modo redacción muda a bastante máis pequeno o tamaño da letra!!! polo que tanto Patricia (ela desde agosto) e un servidor (desde hai uns días) temos que facer malabarismos e editar en linguaxe HTML, introducindo manualmente algúns códigos HTML para que quede o máis parecido a versión anterior. Os nosos coñecementos son limitados, así que se alguén nos pode indicar cómo facer, agraderiámosvolo moito (alareiramaxica@gmail.com). Para que vexades un exemplo do que digo, así quedaría en modo Redacción o anterior artigo. Vede a letra por defecto e xa me contaredes. Se lle damos a letra máis grande, salta a unha demasiado grande (máis que no Blogger anterior, que é a que usamos aínda na actualidade editando con código HTML):


SANXENXO. Julio Torres
O vindeiro xoves 3 de xaneiro de 2013 TVE emitirá a nova tempada da serie "Cuéntame...", a 14ª que este ano percorrerá o ano 1981 (co golpe de Estado do 23-F incluido). E como ven sendo habitual nas últimas tempadas, unha nova versión da homónima canción "Cuéntame" servirá de sintonía de cabeceira. Desta vez será o cantante Miguel Bosé o que a interpretará. A min particularmente gustábame máis a inicial que corría a cargo de Ana Belén, se ben a de Pitingo tamén me agradaba. Non sei se tanta versión da mesma canción é bo ou non, pero sí permite facer comparacións (odiosas, como sempre) entre diferentes cantantes e estilo de música. Velaquí un avance tanto da sintonía como dalgunhas escenas:

martes, 25 de decembro de 2012

** Morre o escritor e intelectual galego Gonzalo Bouza-Brey


VILAGARCIA DE AROUSA. Julio Torres

O pasado domingo finaba de xeito repentino ós 60 anos de idade Gonzalo Bouza-Brey, recoñecido intelectual asentado en Vilagarcía de Arousa. Sobriño de Fermín Bouza-Brei, foi escritor, político, procurador,colaborador en diferentes xornais e xogou un papel moi destacado no movemento cultural e veciñal .


Con Bouza-Brey tiven a oportunidade de falar dúas veces. A primeira foi traballando para o xornal Faro de Vigo. Con motivo do XX aniversario do intento de golpe de Estado do 23-F fíxenlle unha entrevista. Sóubome ilustrar moi ben cómo viviron el e outros destacados vilagarcianos aquelas intensas e amargas horas.

A segunda -e última vez- foi no verán de 2011. Tiña un proxecto entre mans e amosábase ilusionado. Persoa culta, comprometida, afable no trato, moi humana e cercana. Constitúe unha perda moi grande. Descanse en paz.

luns, 24 de decembro de 2012

** Feliz Nadal e bo 2013

Patricia Loureiro e un servidor desexámosvos unhas moi felices festas de Nadal e un 2013 cheo de cousas moi boas e bonitas. 

Lembro que por estar datas hai anos acostumaba a enviar ós meus amigos, amigas e familiares unha postal navideña na que garabateaba unhas letras cos meus mellores desexos. Pero primeiro os emails, logo as e-cards, os sms, e agora as redes sociais desprazaron o correo tradicional polas novas tecnoloxías. O outro día atopeime con algunhas postais navideñas recibidas tamén hai varios anos e acordeime que hoxendía non so as postais senón as cartas manuscritas nun folio ou nunha folla son, desgracidamente, historia. Agora so acostumamos a recibir dous tipos de cartos e xa sabemos para qué son...Para pagar ou, como moito, de publicidade. Perdesue o romanticismo das cartas escritas a man. Algo case inimaxinable ata mediados dos 90...

Quixeramos agradecer a tódolos seguidores de A Lareira Máxica por estar aí, aínda que on escriban ou publiquen artigos, e en especial ós que nos seguen dos seguintes países: España, Estados Unidos, México, Francia, Argentina, Colombia, Alemania, Chile, Perú, Reino Unido, Colombia e Argentina. Estes son os países que máis nos visitan desde o nacemento do blog.

P.D.: ¡¡Qué pouco ou nada me gusta o novo blogger!!. Había meses que non escribía pero neste novo Blogger é moi difícil escribir texto, facelo cadrar ben e buscarlle un tamaño da letra e demais, cando antes era moi sinxelo...Que rabia me da!!!




sábado, 22 de decembro de 2012

** "Brotar", curta de Manuel Mata