** 17 de Maio. Día das Letras Galegas. ¡¡Viva o galego!!
SANXENXO. Julio Torres
Hoxe é o Día das Letras Galegas. Este ano adícase ó pontevedrés Valentín Paz Andrade. Coma tódolos días adicados á algo -ou a alguén coma no caso das Letras Galegas-, a data é simbólica. E como todas elas, de nada vale adicarlle un día a algo se os 364 ou 365 días restantes se mira para outro lado.
E co galego pasa o mesmo. Faime gracia escoitar a "persoeiros" que no día de hoxe se lles enche a boca para defender o galego pero o resto do ano apostan máis por outros idiomas e so usan o galego cando lles convén. Fina hipocresía. Din defender algo que non aprecian. Mesmo falan máis en inglés que en galego. Así non é de estrañar que na TVG poñan películas so en inglés sen subtítulos en galego. Non sei, se a TVG non cumpre co seu cometido de divulgar a lingua galega ¿para que servirá a TVG?
Non me parece mal que se falen outros idiomas. Eu mesmo uso o castelán de vez en cando no blog, a pesar de que habitualmente fale en galego (castrapo, pero galego ó fin e ó cabo) e non me importa que se eu falo en galego a persoa coa que falo utilice o castellano.
Con todo, debería apostarse moito máis polo galego e non ceñirse a un so día. Fanme "gracia" os medios de comunicación, políticos e demais que so se acordan e ensalzan o galego so os días 17 de maio, incluso usando ese día so o galego. Non se pode destilar tanta hipocresía xunta. Non se pode ser bo so un día ó ano e o resto comportarse mal...





