** ¿Quen son realmente bos actores ou boas actrices?
SANXENXO. Julio Torres
Non estou dacordo cando escoitar falar de que tal actor/actriz é un bo actor/actriz e que xa ten non sei cantos grandes premios, que particpa en grandes películas e que é o protagonista de moitas delas,...
Modestamente, considero que un bo actor/actriz non ten porque ser (como sucede en bastantes casos) o que máis películas fai, nin que o que máis papeles protagonistas acapara, nin o que máis premios obtén nin tantas outras variables que non me valen para calibrar a valía dun actor ou actriz.
Estámonos olvidando do que conleva a palabra actor/actriz. É unha persoa que interpreta un papel. Dito o cal debemos dicir que un actor interpreta. Se se interpreta a sí mesm@, para min non é actor/actriz. So é unha prolongación del/la mesm@. Un exemplo de andar por casa: se un político se interpreta a sí mesmo, en realidade non é unha interpretación, pero se por exemplo unha persoa que é firme defensora da dictadura lle da vida a un personaxe que defende a capa e espada a democracia non está sendo ela para nada. Se se mete tanto no papel que consigue aparentar o que non é para min sería un bo actor/actriz.
Doutro lado, para min o bo actor ou actriz é aquel que sabe cambiar de rexistro e non está encasillado nun mesmo papel ou nuns cantos, senón que está aberto a calquera tipo de personaxe, moi diferentes uns de outros: bo, malo, intelixente, parvo,....En definitiva, aquel que é capaz de ir cambiando de tipoloxia de personaxe e non se encasilla como aventureiro, ou o gracioso de turno, por poñer so dous exemplos.
Lémbrome daquela pregunta que facían hai uns anos no desaparecido programa "Lo + Plus" onde acostumaban a preguntar "¿no tema encasillarse?". Pois iso...
Para min un bo actor ou actriz é aquel/la que non se interpreta a sí mesmo e que fixo papeles moi variados, incluso sen ter gañado ningún premio (os premios son moi relativos e moi inxustos ás veces, se ben noutras sí son merecidos), ou sen ter sido protagonista nin ter participado nunha gran superproducción. Os bos actores ou actrices non teñen porqué ser famosos. ¡Non!. Poden selo como non. Unha cousa é a fama de ser bo actor ou actriz, e outra ben distinta a valía e o arriscarse a facer papeles de todo tipo e con personaxes de moi diverso perfil. Istos últimos seguramente sexan, se o fan ben, mellores actores ou actrices pois teñen un amplio repertorio e non están encasillados. Loxicamente, haberá bos actores ou actrices que tamén sexan famosos.




