** Anuncios enganosos con letra redonda: o euro
SANXENXO. Julio Torres
Hai 10 anos un anuncio bombardeaba as televisións, incluso por riba dos típicos do Nadal. O do euro, moeda da que está a punto de cumprirse en xaneiro o seu 10º aniversario.
Por moi simpáticos que puideran ser "Los García" e a súa musiquiña repetitiva, o asunto de fondo, o do euro, está claro que non nos benefeciou á xente de a pé en case nada. Faime gracia ver os anuncios e en cómo se incide en que todo será igual e que o redondeo dos precios non se ía producir. Nada máis lonxe...
O único que lle vía de positivo era o feito de que se visitabas outros países da Unión Europea non terías que estar a cambiar de moedas, tarefa certamente incómoda. Bueno, salvo que foras a Reino Unido que alí alí nin valeu hai 10 anos nin vale agora o euro. O motivo está claro: a fortaleza da libra. O que non entendo é porque un dos páises fortes da Unión Europea non ten a obriga de adoptar a moeda único. Tanto que se fala de Grecia e de que poida deixar de usar o euro. ¿E qué pasa co Reino Unido? ¿Por que non se lle obriga, como país membro, a usar o euro?
Sexa como fose, incluso podendo usar o euro en Londres, persoalmente prefería a situación de hai unha década atrás en lugar dos redondeos que pouco ou nada se controlaron. Foron máis as devantaxes que as vantaxes.
O tempo pon cada cousa no seu sitio. Logo de 10 anos, podemos dicir que o anuncio do euro pasará á historia como o maior timo publicitario promovido polo goberno dun país. Sí houbo redondeo. E moito. Faltou control, moito control sobre o redondeo. Claro que sempre haberá persoas que digan que o euro é bo...
Cómpre lembrar algún dos anuncios sobre o euro que se emitiron a finais de 2001 principios de 2002. Son todos de "Los García", a excepción do último. Recomendo especialmente o primeiro ("los precios no suben"),o segundo e o terceiro (o euro en 2011 aínda non é a moeda do Reino Unido), así como o último: Letizia Ortiz promocionando o euro e a non subida dos precios).
-------------------------------------------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------------------------------------------------------------





