venres, 28 de xaneiro de 2011

** Juego de niños e os seus gallifantes


SANXENXO. Julio Torres


Os anos pasan para tod@s. Hoxe traio ó blog un fragmento do programa de finais dos 80 e principios dos anos 90 "Juego de Niños" que, entre outros, tivo como presentadores a Ignacio Salas ou, na súa última etapa, a un xoven Javier Sardá. O xornalista catalán triunfaría pouco despois en "La Ventana" da Cadena SER (no que tiña o seu alter ego en forma do Sr. Casamajor) antes de cambiar a radio pola tv. e embarcarse no programa "Crónicas Marcianas" de Telecinco entres os anos 1997 e 2005.

Juego de Niños foi un programa pioneiro, que logo sería imitado por outras cadeas. Na Galega emitiuse ata hai poucos anos "O país dos ananos" (logo rebautizado como "O país dos pequenos" por mor dun conflicto coas persoas de talla pequena que protestaron polo termo anano ó entender que era despectivo). "En Juego de Niños" os premios contábanse en gallifantes, un premio simbolizado por uns animais abstractos de gran valor. Un nome tan estrano como inolvidable...



mércores, 26 de xaneiro de 2011

** Humor made in Galicia: Davila. Xenial e certeiro (2)


SANXENXO. Julio Torres

Cinco viñetas gráficas máis de Dávila, ante a boa acollida que tivo o artigo de onte. Tranquilos que irei subindo a A Lareira Máxica máis deste xenio do humor gráfico galego.

As de hoxe evocan temas de plena actualidade: o paro, as pensións e a nova idade de xubilacións, os recortes sociais, a duplicidade de soldos de ex-presidentes de goberno e a bancarización das caixas de aforros. Como sempre, dan no allo. Humor 100% Davila. Humor galego 100%. Galicia Calidade.

NOTA: PREMEDE NAS IMAXES SE QUEREDES VELAS MÁIS GRANDES. Especialmente a número 3 na que non se ve ben o que pon no maletín e é importante.





martes, 25 de xaneiro de 2011

** Humor made in Galicia: Davila. Xenial e certeiro (1)


SANXENXO. Julio Torres

Luis Davila é un xenio realizando humor gráfico coas súas viñetas. É é da terra. Galego. Do Morrazo para máis señas. As súas obras podémolas ler a cotío nas páxinas do xornal Faro de Vigo. O seu humor é cercano, variado e desperta un riso sostido, porque entremezcla os temas de actualidade co típico humor galego, facendo partícipe,como non, á nosa retranca galega. Xa teño subido cousas del o blog noutras ocasións. Hoxe colgo máis e seguro que non será última vez. E un dos meus humoristas gráficos preferidos xunto co Carrabouxo e con Gogue. Por certo, Davila tamén ten un blog: "O Bichero" (podedes acceder a el desde A Lareira Máxica, no apartado "A eira dos blogs" da columna esquerda da bitácora), no que podedes ver as súas inxeniosas
creacións. Das visitas obrigadas se queredes practicar un pouco de risoterapia. Xa sabedes: din que cinco minutos de risa equivalen a 45 de exercicio físico. Sexa certo ou non, rir sempre é bo. ¿Ou non?


NOTA: PREMEDE NAS IMAXES SE QUEREDES VELAS MÁIS GRANDES. Especialmente a número 3 na que non se ve ben o que pon no maletín e é importante.




luns, 17 de xaneiro de 2011

** O alto ó fogo da $GAE que non chegou a ser tal


SANXENXO. Julio Torres


Hai artículos que son, sinxelamente, moi bos e sintetizan perfectamente o pensar de moit@s de nós. Un deles é o que escribe o xornalista Manuel Almeida sobre a $GAE (Sociedad General de Autores e Editores) e o seu último comunicado. Aínda que o símil que el fai poida parecer ousado e sexa sobre temas moi distintos (económico o da $GAE vs seguridade cidadán o outro), coido que é moi acertado. Considero, ó igual que Manuel Almeida, que todo o que di a $GAE -tendo en conta o seu abusivo afán recaudatorio privado amparado polo Governo, engade un servidor- hai que tomalo con recelo, con moitísimo recelo. Nin sendo un "alto ó fogo general, permanente e verificable". Seguro que hai gato encerrado. E senón ó tempo. Non creo que renuncien así tan fácilmente a seguir lucrándose. Á codicia gústalle comer.

Nunca entendín, por exemplo, como se pode cobrar un canon dixital por un cd ou dvd que se da por seguro que se vai a usar para copiar cd´s protexidos polos dereitos de autor, cando nós tamén os usamos para gardar os nosos traballos (fotos e vídeos propios, relacionados co noso traballo ou con estudios,etc.). O chamativo deste exemplo é que a nosa Constitución di que todos somos inocentes ata que se demostre o contrario. Sen embargo a $GAE, co consentimento explícito do Goberno insisto, entende que tod@s usamos os soportes magnéticos exclusivamente para usos ilícitos. E iso é moito supoñer pois de todo haberá. ¿Por qué teño que pagar un canon dixital por comprar un cd ou dvd no que vou gardar as fotos que fixen ou os vídeos que grabei. Insisto, paréceme inconstitucional.

Non deixedes de ler o artigo de Manuel Almeida (premede no enlace que vos puxen antes arriba). Por certo, gran frase a que cita de Víctor Hugo.

ACTUALIZACIÓN 21-01-2011: Nunha artigo publicado no Faro de Vigo, revélase que o presidente da $GAE percible ó ano uns 250.000 euros. Un soldo, completamente indecente.

ACTUALIZACIÓN 24-01-2011: Hoxe PSOE, PP e CIU acaban de pactar a denominada "Lei Sinde" proposta polo goberno central. A "Lei" aprobarse previsiblemente en febreiro e busca controlar as descargas por internet con mecanismos non soamente xudiciais. A gran beneficiada será a SGAE. Nun primeiro momento PP e CIU criticárona, pero finalmente chegaron a un pacto e apoiarán ó PSOE.