domingo, 21 de novembro de 2010

** Noviembre


TEO. Mariam
Colaboradora de A Lareira Máxica

Hoxe é o día 20 de novembro. Estou desexando que remate este mes. É que non hai por onde collelo. Estamos igual, o mes de novembro mais eu. Tal para cual. Agora mesmo achegueime á ventá, para subir un chisco a persiana, e vin que fora hai unha luz bonita. Como choveu tanto estes días, a herba dos prados colleu un color verde intensísimo. O ceo está cuberto pero deixa pasar uns fermosos raiolos de sol, os derradeiros desta tarde.

Se tivera comprado unha cámara decente, inda vos podería facer unhas fotos bonitas. Inda na comprei, non me dou decidido. Non é un tema prioritario. Ademais, ultimamente fago unhas compras... A miña última gran adquisición: unhas pranchas para o pelo Remington. Useinas unha vez. Non sei que pensei, debín pensar que eran pranchas robotizadas e que ían traballar solas. Dáme tanta pereza o tema de alisar o pelo que teño pensado cortar a melena. Moito máis práctico. ¿Alguén de vos necesita unhas pranchas novas? Supoño que terei que vendelas.

Este mes fíxoseme especialmente triste. A verdade, pouco se pode esperar deste tempo. Todo é tan relativo, afortunadamente, que é sinxelo darlle a volta as cousas. Cóntovos, pasoume algo malo pero que podía ser infinitamente peor. E dicir, tiven sorte. O caso é que o tema non está cerrado e pódese poñer peor en calquera momento. As probabilidades estatísticas son poucas, así que sigo tendo sorte. E en canto ó tempo, pois si, asqueroso. Galicia: chuvia e humidade, días curtos, escuridade, frío. Na miña aldea din que a xente morre pola caída da folla. Non me estraña. Máis, por outra parte, está semana, non recordo que día, dixo Karlos Arguiñano, que cando a castaña se abre é un tempo ideal para facer o amor. Cousas de Karlos, uns a morrer e outros a..., a rima pódela completar vos, é sinxela. Pareceume curioso, non reparara nunca no poder erotizante do outono. Creo que Arguiñano non vai descamiñado, estas tardes de outono tamén teñen o seu aquel.

En fin, déixovos un vídeo: outono, amor, castañas,... A peli non é das de happy end, non. Vela e dáste conta da inmensa sorte que significa ter tempo, ter saúde, ter alguén que te queira en Nova York ou en Singapur, iso da igual. ¡Saúdos e estupendísimo outono!


sábado, 20 de novembro de 2010

** Exposición en Vigo de fotos de persoas sen fogar

No Centro comercial Gran Via, na zona de Cines en VIGO, Médico do Mundo expón estos días unha serie de fotos onde se mostran as persoas sen fogar: unha realidade invisible para moitos de nós. Unha exposición para ver en familia. Estará polo menos esta semana. Non o dexeides pasar.


REMITIDO POR: Patricia Torrado
Colaboradora de A Lareira Máxica

** No importa el orden de las letras

SGEUN UN ETSDUIO DE UNA UIVENRSDIAD IGNLSEA, NO IPMOTRA EL ODREN EN EL QUE LAS LTEARS ETSAN ERSCIATS, LA UICNA CSOA IPORMTNATE ES QUE LA PMRIREA Y LA LTLIMA LTERA ESETN ECSRITAS EN LA PSIOCION COCRRTEA. EL RSTEO PEUDEN ETSAR TTAOLMNTEE MAL Y AUN A SI PORDAS LERELO SIN POBRLEAMS. ESTO ES PQUORE NO LEMEOS CADA LTERA POR SI MSIMA, SNIO LA PAALBRA EN UN TDOO. PRESNOAMELNTE; ME PREACE ICRNEILBE QUE TNATOS AOÑS DE COLGEIO DE VYAAN A LA MRIEDA¡¡¡


REMITIDO POR: O Moucho
Colaborador de A Lareira Máxica

venres, 12 de novembro de 2010

** Que rabia da cando....!!!

PONTEVEDRA. Cristina C.


Colaboradora

Cando a xente que sacude alfombras, manteis, etc, polos balcóns. Eu estouno sufrindo, xa pedín as veciñas de arriba (unha nai e dúas fillas de 20 anos) que por favor non tiraran nada polos balcóns porque caía toda a porquería no meu e moitas veces tiña a roupa a colgar nun tendedero (posto que no outro balcón grande, aínda tendo corda para colgala, non lle da o sol e non me da secado) e, ás veces, tiña que volver a lavala.

Cando onte vin a merda que tiña o meu balcón enloquecín. Tiraron: polvo, mingas de pan, envoltorio de plástico, area, pedriñas, pelos do seu can, pelos humanos (que non sei de que zoa eran porque eran cortiños), ... Así que, ás 20.30h. chamei e pedinlles que non o fixeran e me di a nai:

- "Y, ¿por dónde quieres que tire las cosas?". Eu flipei, xúroo. Eu contesteille que eu non sacudía nada para non molestar aos veciños de abaixo e ela dime:

- "Es que el balcón pequeño no es sitio para colgar ropa, y yo no tiro por el otro, el grande, porque se que hai quien cuelga ropa por allí". (Ou sexa que ela parécelle normal tirar polo balcón porque non quere manchar o seu piso de porquería que logo teño que limpiar eu e parécelle ilóxico que colgue a roupa nun tendedero).

Eu sorprendinme aínda máis porque a veciña de abaixo ten tamén tendedero no balcón pequeno, e tamén a do baixo, ou sexa, que non son eu soa. Ao final saiume que por lei nacional ou normativa do Concello está prohibido sacudir e tirar nada polos balcóns e ela dinme que hai unhas horas na que si se pode. Eu non sei que pensar. ¿Vós que opinades?. O único que teño claro é que as veciñas de arriba son unhas porcas porque son as únicas que sacuden polo balcón.