venres, 24 de setembro de 2010

** ¿Cómo averiguar de qué compañía es un móvil?


SANXENXO. Julio Torres

Tod@s en alguna ocasión tuvimos la misma duda: ¿a qué compañía pertenece el móvil al que tengo que llamar. En muchas ocasiones importa dependiendo de las tarifas que tienes contratadas con tu compañía de telefonía móvil. Para conocer la respuestas podemos consultar en la página de la Comisión del Mercado de las Telecomunicaciones(CMT) nuestras dudas que serán disipadas en pocos segundos. Un servidor lo ha probado y funciona. Una página muy útil que, desde hoy, estará en los enlaces de interés de A Lareira Máxica en el apartado de telefonía móvil ("averiguar nº").

Por otro lado, en la página de la CMT podéis consultar interesante documentación sobre normativas, resoluciones e informes, publicaciones periódicas, cómo proceder en las reclamaciones y mucha otra información útil para l@s ciudadanos.

xoves, 23 de setembro de 2010

** O outono clásico

E nvíame a nosa gran colaboradora Mariam un vídeo para dar a benvida ao outono que empezou hai unhas horas. A música da estación de outono de Vivaldi en consoancia con fermosas imaxes da nova estación.


mércores, 22 de setembro de 2010

** O outono, a piques de comezar

Dentro de apenas 6 horas, ás 5 da mañán, comeza o outono según puiden ler no blog do ex-meteorólogo de TVE José Antonio Maldonado. Non sabía que tiña un blog en internet. Está claro que na xubilación hai que seguir activos e se che gustaba o teu traballo pois entón é unha boa idea. Con todo, debo lembrar que era o que casi sempre se equivocaba co tempo en Galicia, sobre todo en Semana Santa, co conseguinte e xustificado enfado dos hostaleiros galegos. Esperemos que no blog acerte máis...

Julio Torres

martes, 21 de setembro de 2010

** Que rabia da cando......


SANXENXO. Julio Torres

Alguén nos espeta, coma quen non quera a cousa, e sen petición previa de opinión pola nosa parte, a famosa frase tan inequivocamente expresiva: "Eu non che vou dicir nada pero..."(e aquí expresa a súa opinión sobre algo do que non ía dicir nada) ou o que ó mesmo "Yo no voy a decirte nada pero...". ¿Pero qué entonces?

O outro día escoiteilla dicir a alguén na televisión, pero na vida diaria estamos fartos de oíla. Medo me da cando alguén pronuncia estas ou parecidas palabras. Fai o contrario do que acaba de afirmar. Contradicción, incoherencia, actitude paradóxica, feita con maquiavélicas intencións, disfrazando a manipulación dunha aparente cortesía diplomática que se esvaece en milisegundos. Os españoles e, sobre todo, os galegos, sómosche así. E como @s que tiran a pedra e logo esconden a man. Sí, pero non. Non, pero sí. Depende. Non che vou dicir o que deberías facer, pero voucho dicir aínda que ti non mo preguntes, alá, e con aparente educación... ¿E a ti quen che preguntou? penso. Unha manipulación encuberta en toda regra ¿ou non?...E que hai xente que non da puntada sen fío...