luns, 19 de xullo de 2010
domingo, 18 de xullo de 2010
** A Lareira Máxica non participará nos Premios 20 Blogs
Este ano decidín non apuntar o blog nos "Premios 20 Blogs 2010", organizado polo xornal 20 Minutos e nos que A Lareira Máxica foi finalista nos anos 2008 e 2009. O prazo para anotarse nos Premios finaliza hoxe. A desaparición da categoría "Mellor blog en versión orixinal", isto é, escrito en lingua distinta ó castellano e a falta dunha categoría que recolla o espíritu da bitácora fixeron que este ano non inscribira ó blog.
Posted by Julio Torres 6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS a lareira máxica
domingo, 11 de xullo de 2010
** ¡¡ España gaña o seu primeiro Mundial de Fútbol !!
SUDÁFRICA. Julio Torres
España fai historia. Acaba de proclamarse campiona do Mundial de fútbol 2010 celebrado en Sudáfrica ó vencer merecidamente na final a Holanda por 1-0. O tanto foi acadado nos últimos minutos da segunda metade da prórroga por Andrés Iniesta. Fronte ó xogo italianizado e marrulleiro dos holandeses, España respostou con bo fútbol e fair play.
¡¡España consigue o seu primeiro Mundial de fútbol!!. Releva a Italia, que o conquerira no 2006. Recordemos que tamén gañou a Eurocopa do 2008. Así pois somos campións de Europa e campións do mundo. Un merecido premio a un excepcional grupo de 23 futbolistas, que saben xogar mellor que ninguén. En equipo. Sen egos, con modestia, cos pés na terra. Alégrannos un pouco a vida co seu fútbol e cos seus logros. ¡¡¡NORABOA!!!
APUNTE PARA TER MOI EN CONTA: Nestes momentos España é a selección campiona do mundo tanto en fútbol (2010) coma en baloncesto (título acadado no 2006 e que defenderemos a finales do verán) e España tamén é a selección campiona de Europa (hai que lembrar que os campionatos do Mundo e de Europa son dúas competicións independentes) en fúbol (ano 2008) e tamén en baloncesto (ano 2009). Estes catro campionatos celébranse cada 4 anos. Algo, penso, irrepetible. Ougallá se manteña o maior tempo posible.
Posted by Julio Torres 6 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , deportes , opinión
venres, 9 de xullo de 2010
** As Maravillas de Galicia: Foxos e Emita de A Lanzada
SANXENXO. Julio Torres

Teño a gran sorte de ser de Sanxenxo e de coñecer esta paraxe incomparable formada pola ermita de A Lanzada e a praia de Foxos. Nesta última ten lugar o mítico baño das nove olas. A creencia popular outórgalle poderes fertilizantes ás mulleres que, estando en idade fértil, non poden ter fillos. O baño débese tomar, según se di, coincidindo coa noite de San Xoán ou coa celebración da romería da Festa da Lanzada (a última fin de semana do mes de agosto) no recinto da ermita, unha pequena pero fermosa peza arquitectónica. A poucos metros localízase a coñecida Praia da Lanzada. A visita á zona é obrigada se visitas Sanxenxo.
Posted by Julio Torres 7 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Educación Cultura e Tradicións , fotos , lugares e cidades




