venres, 9 de xullo de 2010

** As Maravillas de Galicia: Foxos e Emita de A Lanzada


SANXENXO. Julio Torres



Ermita de Nosa Señora de A Lanzada e Praia de Foxos, en Sanxenxo

Teño a gran sorte de ser de Sanxenxo e de coñecer esta paraxe incomparable formada pola ermita de A Lanzada e a praia de Foxos. Nesta última ten lugar o mítico baño das nove olas. A creencia popular outórgalle poderes fertilizantes ás mulleres que, estando en idade fértil, non poden ter fillos. O baño débese tomar, según se di, coincidindo coa noite de San Xoán ou coa celebración da romería da Festa da Lanzada (a última fin de semana do mes de agosto) no recinto da ermita, unha pequena pero fermosa peza arquitectónica. A poucos metros localízase a coñecida Praia da Lanzada. A visita á zona é obrigada se visitas Sanxenxo.

xoves, 1 de xullo de 2010

** Desolado


Estremecedora letra de "Desolado", tema musical do grupo catalán Pastora. Bonita pero triste canción desta formación que tamén ten outros éxitos ó longo da súa traxectoria como, por exemplo, "Grandes despedidas", "Cuanta vida" ou "Lola". Ultimamente non sei nada deles.

mércores, 30 de xuño de 2010

** A cidade de Pontevedra en timelapse

Pontevedra é unha cidade fermosa. Dígoo sobre todo para os que non a coñecedes. E os que se adican a facer vídeos en timelapse uns xenios. Se batimos os dous ingredientes, saen productos deste tipo, que non están nada mal. Mágoa que non dure un pouquiño máis para coñecer algo máis a cidade. Apenas 20 segundos fanse moi escasos a pesar da velocidade...


** A Frase Simpática....de Groucho Marx

"Yo nunca olvido una cara, pero en tu caso haré una excepción"
(Groucho Marx)



OPINIÓN DUN SERVIDOR: Viva o humor intelixente. Encántanme moitas das frases deste xenio do humor