
SANXENXO. Julio Torres
No frío e duro inverno cumpría acender as lareiras antigas que servían de calor e ó redor dela, xuntábanse os membros da familia para conversar á par que preparaban a comida ou a cea. Nun mes de maio sería impensable que, pasado o frío, se acendesen so coa finalidade de quentar ou dar calor. Retaría á lóxica. Algo así como traballar o 1 de maio, data na que se celebra o día do traballo. Por tanto, o colmo dos colmos sería construir unha lareira un 1 de maio caluroso e, sobre todo, neste tempos que a lareira non ten a esencial función que tiña antaño, que non é imprescindible.
A contracorrente do anteriormente exposto, a un servidor déuselle por crear un blog e bautizalo co nome de A Lareira Máxica un asfixiante primeiro de maio de 2006, hai xa catro anos. A idea nun principio foi dar renda solta a miña faceta de xornalista e escribir de todo aquilo que me apetecese, sen ter que pedir permiso a ninguén, senón exercendo de autónomo. Máis adiante, decidín abrir o blog á participación de quen o quixese para compartir con esas persoas un lugar de reunión e de expresión libre, sempre desde a perspectiva do respeto.
Nunca cheguei a maxinar que esta lareira medraría tanto. Mágoa que hai xa tempo que non lle poida adicar o tempo que me gustaría, pero a vida está chea de prioridades. Incluso se me pasou pola cabeza a idea de pechala, pero axiña comprendín que prefería publicar cando puidera no blog antes que destruílo.
Hai uns meses creei o grupo de A Lareira Máxica no facebook (enlace nas pestañas de arriba), que xa sobrepasan as 100 amig@s, e no que é posible debatir en foros. Gracias a todas estas persoas, a moitas das cales non teño o gusto de coñecelas.
Na medida que o tempo mo permita teño pensado crear novas seccións e potenciar os artigos de opinión propios. Por suposto, estou aberto ás vosas suxerencias, e estoume prantexando organizar unha encontro dos simpatizantes do blog.
Hoxe quero compartir con tod@s @s que visitades A Lareira Máxica o cuarto ano de vida do blog, pero moi especialmente cos/coas seus/súas colaboradores, así como cos e coas comentaristas, é dicir, cos que participan/ron no blog con maior ou menor frecuencia. Coma sempre: GRACIAS e, por favor, collede un trozo de tarta para celebrar tan feliz efeméride. Agardo que vos gustara esta "sorpresa". Carpe Diem!!!