domingo, 28 de marzo de 2010

** A Frase Máxica de...Benedetti: vacilación e conciencia


"¿Qué es la vacilación sino un rodeo de la conciencia?"



Mario Benedetti

martes, 23 de marzo de 2010

** Lembrando os 70 e os 80 (1)


SAN XENXO. Julio Torres


Eeste vídeo, extraído de Youtube, fai unha recopilación dos xoguetes cos que xogabamos @s nen@s que nacemos na década dos 70 ou principios dos 80. Tamén nos recorda series, debuxos animados ou música relacionada coa época. Un mundo de lembranzas.

Como ben di o vídeo, daquela non había playstations nin ningún outro tipo de consolas. Os xogos na rúa cobraban un maior protagonismo, co coseguinte beneficio para a saúde física (facíase moito deporte activo) e para a imaxinación.

Un vídeo para visionar enteiro e para voltar atás no tempo e voltar a ser nen@s aínda que sexa por uns minutos...

** As Maravillas de Galicia: A Torre de Hércules


Torre de Hércules, A Coruña

Recién estrenada como Patrimonio de la Humanidad (2009). Veinte siglos de estoicidad frente a las costas de A Coruña. Es el único faro romano y el más antiguo en funcionamiento del mundo. Mide 68 metros de altura y aunque ha tenido que ser reformado en varias ocasiones para sobrevivir, conserva piezas de sus orígenes.



IMAXE ENVIADA POR: Toupeiro
Colaborador

luns, 22 de marzo de 2010

** La Musicalité: un grupo musical que promete


SAN XENXO. Julio Torres


Un dos grupos musicais que descubrín recentemente é La Musicalité. Creado en 1999, está integrado por catro mallorquíns: Jaime Perpiñá (voz, baixo e guitarra acústica), Oscar Nadal (teclado), Marc (guitarra eléctrica) e Jaume (batería).

La Musicalité encádrase nunha temática pop-rock e aporta uns sons frescos, melodiosos, de letras intimistas e ata ritmos pegadizos nalgunhas cancións. Baixo o meu punto de vista boa música. Polo de agora hai dous temas que me gustan especialmente: "4 elementos" -videoclip no que sae a actriz Amaia Salamanca-e "Despertar". Encántame o grupo e supón supón unha ledicia ver cómo van xurdindo novas formacións que logran saír adiante con talento e traballo. Agardemos que sigan sacando boas cancións nos seus vindeiros discos.

Remato cunha curiosidade: o seu vocalista, Jaime Perpiñá, garda un parecido físico razoable co xogador do F.C. Barcelona Gerard Piqué. Polo menos nalgunhas fotos.






Enlaces:
Web de La Musicalité