** 10 anos con menos secretos
Tal día coma hoxe aparecía morto un dos membros do mítico grupo "Los Secretos": Enrique Urquijo, composto por el mesmo e o seu irmán Álvaro, entre outros. Según se dixo daquela foi unha víctima do mundo das drogas. Unha mágoa a súa perda para a música. Los Secretos sacaron trala morte de Enrique varios discos, entre os que se inclúen recopilatorios, directos ou acústicos. Hoxe a formación segue adiante co seu irmán Álvaro como líder e voz. Ougallá que por moitos anos máis, aínda que trala morte de Enrique non se prodigaron precisamente en novos temas.
Los Secretos sempre foi un grupo que me encantou aínda que tivera os seus vidrios mollados, ou se olvidarán do nome da calle, ou houbera un cambio de plans, ou non amanecera, ou unha gata nos ensinara os seus ollos, incluso tendo unha amiga chamada mala sorte, sempre estaban ó noso lado, porque nos dicían que estabamos solos, verbalizaban un melancólico "déjame" para logo agarrarse da súa María e é que cando se bebe ata perder o control xa se sabe...En definitiva cancións cheas desa maxia de sentimentos que lle imprimía nas súas composicións os irmans Urquijo, en especial o tristemtente desaparecido Enrique.
10 anos despois xa. ¡¡Cómo pasa o tempo!!
UN ARTIGO FEITO POR: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica






