mércores, 21 de outubro de 2009

** A Frase Máxica de...Fernando Pessoa: felicidade


"¿Por qué para ser feliz fai falta non sabelo?"



Fernando Pessoa

venres, 16 de outubro de 2009

** A carta de axuste: aquel invento...

Agora non é como hai 20 anos. Hoxe hai moitas televisións e ningunha pecha. Iso si,todas botan man dos "teleconcursos-timo". Antes, so había unha televisións: TVE (coa primeira e coa segunda cadea) e desde 1985 a TVG. Todas pechaban de madrugada e despedíanse coa programación do vindeiro día, seguida do himno español (TVE) ou galego (TVG) e a carta de axuste (ver vídeos de abaixo).Incluso nos primeiros anos das televisións privadas había carta de axuste. E ata principios dos anos 80 poñíase a carta de axuste ó mediodía. ¡Cómo cambian os tempos!. Aínda que para ver certos programas das televisións actuais case mellor prefería a carta de axuste...



** A Frase Máxica de...Curt Goetz: persuadir vs convencer


"Ó intelixente pódese convencer; ó parvo, persuadir"



Curt Goetz

xoves, 15 de outubro de 2009

** ¿E se mañán xa fose tarde?

Se soubera que hoxe fora a última vez que te vou a ver,abrazaríate fortemente e rezaría para poder ser o gardián do teu alma. Se soubera que esta fora a última vez que te vira saír pola porta,daríache un abrazo, un bico e chamaríate de novo para darche máis. Se soubera que esta fora a última vez que poidera escoitar a túa voz,grabaría cada unha das túas palabras para poder oílas unha e outra vez. Se soubera que istos son os últimos minutos que te vira, diríache Quérote e non asumiría que ti xa o sabes.

Sempre hai un mañán e a vida danos outra oportunidade para facer as cousas ben. Pero se me trabuco e hoxe é todo o que teño gustaríame dicirche canto te quero e que nunca te olvidarei. O mañán non lle está asegurado a ninguén, xoven ou vello. Hoxe pode ser a última vez que vexas ós que amas. Por iso non esperes, faino hoxe, xa que se mañán nunca chegas, laiaraste do día que non empregastes un momento para darlle un abrazo, un bico,un sorriso e que estivestes moi ocupado para concederlle a alguén un desexo. Mantén ós que amas preto de ti, dilles ó oído o moito que os necesitas. Quéreos e trátaos ben. Toma o teu tempo paradecirlles: síntoo, perdón, por favor, gracias...E todas as palabras de amor que coñeces. Ninguén te lembrará polos teus pensamentos secretos. Pide forza e sabiduría para expresalos. Demostra ós teus amigos e seres queridos canto che importan.


ESCRITO POR: Gabriel García Márquez
TRADUCCIÓN Ó GALEGO: Julio Torres