luns, 5 de outubro de 2009
domingo, 4 de outubro de 2009
** A memoria fotográfica: o tempo todo o cambia (e 3)
Noraboa a Mariña que acertou a resposta. Sí, efectivamente, é a Praia de Silgar en Sanxenxo. A foto que vedes na parte arriba na parte dereita é a terceira foto desta saga: a Praia de Silgar nos anos 40. A foto está tomada da outra parte da praia, a diferencia das dúas primeiras. Na segunda víase ó fondo Bueu, o faro de Sanxenxo e Igrexa de Sanxenxo, pobo ó que moitos lle chaman "Sangenjo", cando Sanxenxo é o nome do santo que lle da nome ó concello: San Xenxo. En castelán diríase Ginés, non "Genjo", como o traducen moita xente de fóra.
Esta terceira foto de Silgar nos anos 40 tamén a quitei de internet e, o igual que as outras dúas, descoñezo o seu autor. A de abaixo á dereita é de autoría propia. Quiteina na primavera do ano pasado. Entre unha e outra pasaron uns 60 anos...Esta claro que antes Sanxenxo era un pobo. Hoxe, cambiou demasiado. Desapareceron as árbores da foto de arriba (en realidade despareceron case todos nos últimos 10 anos).No propio paseo de Silgar xa son todo edificios...Antes Sanxenxo era unha vila tranquila no verán, hoxe parece que nos meses de Julio e Agosto se celebra o día de Fin de Ano ou o primeiro día de Rebaixas...E esta multitude de xente, quítalle o encanto a este concello costeiro neses dous meses, encanto que recupera o resto do ano, cando deixa de estar invadido de persoas.
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS A Memoria Fotográfica , lugares e cidades , o clube das adiviñas... , opinión
sábado, 3 de outubro de 2009
** A memoria fotográfica: o tempo todo o cambia (2)
Velaquí outra foto máis. É do mesmo lugar que a de onte, se ben está máis contextualizada. Coido que agora xa é un pouco máis fácil acertar. Xa vos dixen que estaba situado en Galicia. Hoxe tamén vos dou máis pistas:
PISTA 2: Lugar que se ubica nas Rías Baixas galegas.
PISTA 3: Ten moita fama por ser vila de mariñeiros.
PISTA 4: É ideal para comer marisco.
PISTA 5: Conta cun mirador cunhas excelentes vistas, e onde se pode apreciar excelentes amenceres e postas de sol.
ACTUALIZACIÓN:
PISTA 6:
O lugar en cuestión non ten porque dar nome ó Concello. Trátase de acertar o sitio exacto, non o nome do Concello. Con todo, a estas alturas podo dicir que non pertence ós Concellos de Vilagarcía de Arousa, Cambados ou O Grove. Está á beira do mar como se pode comprobar, nalgún enclave entre Cambados a pensínsula do Morrazo. Hai xente que o coñece cun nome distinto ó que realmente é...Non é "Santo Antonio de Louredo", pero ten certo parecido...Uyyy, que esta pista despista...
Posted by Julio Torres 11 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS A Memoria Fotográfica , lugares e cidades , o clube das adiviñas...
venres, 2 de outubro de 2009
** A memoria fotográfica: o tempo todo o cambia (1)
A imaxe está extraída de internet. Na rede de redes non poñía quen foi @ autor da foto. Tampouco especificaba cantos anos tiña a foto. Coido que máis de 50 anos.¿De qué lugar se trata?. A ver se o acertades. Teño dúas fotos máis para os vindeiros días. A solución revelareina proximamente. Irei dando pistas. Animádevos a participar. A ver quen é o primeiro en acertala.
PISTA 1: Lugar situado en Galicia
Posted by Julio Torres 3 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS A Memoria Fotográfica , lugares e cidades , o clube das adiviñas...






