luns, 3 de agosto de 2009

** ¿Que é o éxito?

Éxito es:


-A los 3 años,... no mearse.
-A los 6 años,... recordar lo que hiciste en el día.
-A los 12 años,... tener muchos amigos.
-A los 18 años,... tener carnet de conducir.
-A los 20 años,... tener relaciones sexuales.
-A los 35 años,... tener mucho dinero.
-A los 50 años,... tener muchísimo dinero.
-A los 65 años,... tener relaciones sexuales.
-A los 70 años,... tener carnet de conducir.
-A los 75 años,... tener muchos amigos.
-A los 80 años,... recordar lo que hiciste en el día.
-A los 85 años,... no mearse.

Hay que joderse... ¡Las vueltas que da la vida!!



ENVIADO POR: Jose
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

** A Frase Máxica de....Bertrand Russel



" Todo o problema deste mundo é que os parvos e os fanáticos están seguros de sí mesmos, pero os sabios están cheos de dúbidas "



Bertrand Russel

sábado, 1 de agosto de 2009

** Off

Estou pensando en ir pasar uns días a un mosteiro. O pior que me pode pasar é que lle colla gusto á vida monacal. Na miña casa sempre se dixo que nos mosteiros a vida é moi dura. Xa sabedes, que hai que madrugar moitísimo, pasar moito frío no inverno, comer moita sopa, que non hai tv nin radio,... Non sei de onde o quitaron. Meu bisavó foi maiordomo dun bispo e podo asegurarvos que no pazo do bispo vivíase requetebén. Xa sei que non é o mesmo, posiblemente nin sequera sexa comparable a vida dos príncipes da igrexa coa a vida da tropa, por dicilo dalgunha maneira.

Como recordo do bispo conservamos un crucifixo de bronce con “indulxencias plenarias”. Non me preguntedes qué son as “indulxencias plenarias”, non o sei exactamente. O caso é que llas puxo o bispo e serven para que che sexan perdoados os teus pecados na hora da morte. Explícome: cando unha persoa está maliña hai que poñerlle o crucifixo nas mans para que non sufra na agonía. Vamos, que en vez de facer a viaxe en turista farala en business. É un dicir, non sei si o crucifixo terá as virtudes que se lle atribúen na miña casa, é un misterio máis, unha cuestión de fe.

...Ampliar/recoller resto do artigo [ +/- ]


    O que si sei é que das persoas autenticamente relixiosas emana paz, felicidade, esperanza e tamén alegría. Non fai falta ser crente para percibilo, é moi bonito cando alguén logra transmitirlle a súa paz interior ós demais, cando é capaz de consolar ó que sofre e de regalarlle esperanza a quen a necesita.

    Dos curas parroquiais, na maioría dos casos, non emana gran cousa. Non quero caer na descualificación. Xa sabedes o dito, non xulgues e nos serás xulgado. Non teño ningún interese en que me xulguen porque xa son eu ben consciente das miñas faltas e, por outra parte, xa me fan sumarios dabondo os veciños. Tampouco vou a malgastar un so cualificativo cos meus veciños. É o que hai. Segundo miña nai, todas as aldeas son iguais. Serán, pero tamén hai que ter algunha aspiración na vida que de tanto vivir no medio das pirañas, por analoxía mariña, pódenche pasar dúas cousas: 1.-Ou fas unha adaptación ó medio como diría Darwin. 2.-Ou te mimetizas co entorno coma fan os camaleóns. Conclusión: tes moitos puntos para converterte nunha pirañiña máis. Outra posibilidade é que as grandes pirañas, os grandes depredadores, acaben devorando a túa moral.

    En fin, estou coma Sabina, vivo en el número 7, calle Melancolía tengo pensado mudarme al Barrio de la Alegría pero siempre que lo intento ha salido ya el tranvía. Pásame o mesmo, a única diferenza é que eu vivo no número 6. Por iso creo que me virían ben uns días de descanso nalgún mosteiro, gustaríame desconectar do mundanal ruído e recrearme na altura do ciprés e na alegría da auga da fonte. Teño oído que as emocións son contaxiosas, oxalá sexa así e veña do mosteiro cheo de paz. O que non debe haber nos mosteiros é tumbona, neso levan razón os da miña casa.




UN RELATO ESCRITO POR: Alvariño
Colaborador habitual de A Lareira Máxica

** A Frase Simpática de...Belén Esteban (menuda mina)



"Para ciertos trabajos yo no reúno los requesitos"


Belén Esteban, dixit


E servidor opina: Vaia, vaia, pois é unha pana