
Hai un intre conecteime a internet. Logo de revisar un pouco A Lareira Máxica, na Eira dos Blogs, fixeime no titular do blog de Félix Soria, que facía referencia a súa propia bitácora: "Titulares y textos de Im-pulso han sido manipulados". Félix escribe o seguinte: "Persona (o personas) desconocida y ajena a Im-Pulso ha accedido al blog y ha modificado titulares y textos de varias entradas. La acción ha sido detectada a las 15 horas de hoy.
He cambiado la clave de acceso y otros detalles vinculados a la seguridad, pero en tanto no repare los daños y recupere la confianza la bitácora permanecerá inactiva.
La práctica totalidad de las manipulaciones han sido realizadas en los post que versan sobre asuntos relacionados con el PP y sus dirigentes. Ignoro si el autor de las manipulaciones es alguien obsesionado con perjudicar a esa formación, o bien se trata de un fanático que está molesto por los contenidos y su objetivo es crear problemas donde nos los hay.
Ruego a mis amigos y amigas que militan en el PP o votan o simpatizan con esa opción --que los tengo y no son pocos-- que no se den por aludidos si ingresan en la copia manipulada de Im-Pulso.
Una vez digerido el trago y reparados los daños, espero recuperar las ganas de disfrutar del espacio de libertad de la Blogosfera.
Gracias a todas/os por estar ahí. "
O suceso paréceme dunha crueldade e baixeza terrible nunha sociedade que presume de ser democrática. Desde que coñecín o blog de Félix Soria chamoume moito a atención o coidadas que estaban as súas informacións e demostroume que aínda quedan xornalistas que tentan buscar a obxectividade para que logo cadaquén se forme a súa opinión ante determinados acontecementos. Non teño o gusto de coñecer a Félix, pero é plausible que nos tempos que corren haxa xornalistas que pretendan contextualizar as súas informacións "sen casarse con ninguén" como se soe dicir. Incluso manifesta e ofrece opinións que moita xente opina pero que ninguén se atreve a afirmar en público. É a miña impresión persoal.
Os ataques contra a liberdade de expresión (sempre que ésta cumpra os requisitos constitucionais) non son admisibles. Dáme igual de quen se trate e contra quen sexa o ataque. Hai que saber respetar, aínda que o que leamos, vexamos ou escoitemos non nos guste.
Dito todo isto, quero solidarizarme con Félix e brindarlle a miña colaboración para o que precise e lle poida axudar. Non hai que olvidar que o que hoxe lle pasou a el, mañán nos pode pasar a calquera outro blogger. Toquemos madeira.