luns, 2 de marzo de 2009
sábado, 28 de febreiro de 2009
** As cousas tamén poden ser fermosas vistas de présa...
Imaxínate que grabas imaxes de vídeo durante horas e que logo as editas e lle imprimes o efecto de cámara rápida. ¿Que pasaría?. Loxicamente, todo iría de présa, en troques de ó seu ritmo normal. Claro que o efecto visual sería moi bonito en determinados ambientes. Os seguintes son dous magníficos exemplos. Aconsello sobre todo ver a partir do 1´15¨. Fermoso deleite nun ambiente urbano. ¿Serán luciérnagas? ¿Será Superman? ¿¿Ou, tal vez, serán simpremente avións??
E se o que preferides é un ambiente tranquilo, lonxe do ruido e das cidades, nada mellor que un paseo pola natureza rodead@s de estoutras imaxes. Unhas belezas:
En fin, para recrearse. ¡Uns vídeos realmente extraordinarios!
UNHA OPINIÓN DE: Julio Torres
Coordinador de A Lareira Máxica
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS Internet e novas tecnoloxías , opinión , saúde e natureza , vídeos e xogos
venres, 27 de febreiro de 2009
** Un im-pulso cheo de boa ánálise + ¿A quen votar?
Outro dos meus blogs de cabeceira preferidos é o de Im-pulso, o blog que edita o xornalista Félix Soria (ó cal tampouco teño o gusto de coñecer). "Satanizar, endiosar y creer es más rentable y cómodo que analizar, contextualizar y dudar" é o seu lema. Neste caso, o seu autor danos o seu punto de vista do que pasa, pero analizando a noticia ou a opinión de forma desglosada e ampla, contextualizándoa. Non deixa que a política de mero impacto visual-titular se apodere da información. Vai máia alá da información. Acada o banzo da análise. Entra a profundizar, sen medo, en calquera tema. Non hai oco para a superficialidade que adoita adornar as informacións da gran maioría dos xornais.
E tal a meticulosidade, que, incluso, separa a información con ladillos para facer máis atractiva a lectura da noticia (cousa importante). Ó contrario, que a gran maioría de blogs que buscan dar información curta, neste óptase pola exhaustividade na análise en vez de pola brevidade. Non se limita a informar ou dar unha breve opinión. Profundiza. Incluso ofrece enlaces doutros artigos que xa publicou con anteriodidade e relacionados co artigo actual.
Todo isto agradécese moito porque axuda a analizar e contextualizar de cara a formarnos a nosa propia opinión ó respecto dun determinados tema. E é que non debemos crer todo o que nos din, SEXA QUEN SEXA. NON!!, debemos beber de diferentes fontes e, logo, sacar as nosas propias conclusións. De aí o lema do blog de Félix Soria. Sirva de mostra do que estou a falar, un dos seus últimos artigos. Trata o tema das eleccións ó Parlamento de Galicia do 1 de marzo. Tema moi actual do que, sen embargo, non se adoita facer o tipo de análise que fai Félix Soria. Velaquí o artigo:
.....................................................................................................................................
La primera decisión del elector: ¿Votar o dar un portazo?
(Un artigo feito por Félix Soria)

De entrada, como no tengo carné de ningún partido --aunque sí de un sindicato-- prescindiré de simpatías por unas u otras siglas, pero no de mis querencias ideológicas, que las tengo como todo hijo de mujer. Una vez sentado frente al escenario de la campaña electoral --conste que la palabra escenario la empleo con segundas intenciones-- me pregunto si acudir a votar.
Posted by Julio Torres 0 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS actualidade , Internet e novas tecnoloxías , opinión , opinión (artigos alleos) , sociedade
** ¿Unha frase intelixente ou incoherente?

"O sinal dunha intelixencia de primeira orde é a capacidade de ter dúas ideas opostas presentes no espíritu ó mesmo tempo e, a pesar de iso, non deixar de funcionar"
Scott Fitzgerald
Posted by Julio Torres 1 comentarios feitos. Deixa o teu!!!!!
CATEGORÍAS frases máxicas



