<> RELATO: A auga segue río abaixo
A auga vai percorrendo lentamente as rúas namentras ti te das voltas pola miña cabeza, bótoche de menos e agora mesmo o agasallo máis prezado sería terche o meu carón, e estar nos teus brazos...
Síntome pequeniña no mundo, non valo nada pero daríao todo por ti. Ata os máis fermosos sentimentos e o máis puro amor poden desaparecer cando non atopan un cachiño de corazón, pero ti es tan distinto...
Unha vez dixenche que tiñas un sorriso especial... pero tes máis que sabido que non é tan só o sorriso. Es un pequeno gran artista, eres único.
Canto máis avanzan os días máis preciso terche preto, inda que isto me cause máis dano, non sei si estou a perder a ilusión que me caracterizaba os primeiros días cando os nosos ollos se xuntaban nun punto intermedio entre ambos, e nos aproximabamos para bicarnos docemente.
Non sei se te quero ou se es un antollo de meniña pequecha que desaparece co transcurso dos días.
Quixen moito e fun querida mais gostaríame pensar que ainda non se parou na miña porta o amor verdadeiro, pode que nunca o chegue a coñecer ou quizáis me veña dado das túas mans.
O vivir de ilusións aportanos triste alegría, pero mirando o meu presente de non ser polas ilusións xa non estaría escribindo agora estas verbas.
Peco de romperme moito a cabeza con cada pensamento, nembargantes non son capaz de cambiar, nacín así e supoño que cando pase a mellor vida seguirei sendo como ata o de agora.
UN RELATO ESCRITO POR: Romy
Colaboradora de A Lareira Máxica








